martes, 21 de marzo de 2006

Novas


*

MARZO- ABRIL 2006
***-Publico "Deborah" e "Hilo rojo" no fanzine FEMPUNK nº 4
*1,50 E. En Madrid en Bang, La idea, Librería Filmoteca Española , Escridiscos. + info. *Bilbao: Charada, Discos Bolan, Power Records.
- Publico "Pecadiñorixinal" en Andaina, Revista de pensamento feminista nº43.

- Organizo con outras voluntarias o Benefit Juárez en Madrid.*Taller de escritura creativa impartido por Elena Medel o 1 de Abril en Los placeres de lola.
*Proxección de Señorita extraviada o 2 de Abril en Ladinamo.
- Recito en COSMOPOÉTICA. Córdoba. 21 Abril. Xunto con: Lucía Aldao, Mercedes Cebrián, Rafael José *Díaz, Fruela Fernández, María Eloy García, Ana Gorría, Ángels Gregori, María Lado, Natalia Manzano, *Andrés Navarro, Mariano Peyrou, Sofía Rhei, Francisco Sevilla y Jahel Virallonga.
*
-Poño imaxes ás palabras de Elena Medel en 2006 POETASPOR KM2 . Organiza *Arrebato. *Madrid. 22 *Abril. Sala Taboo.
*
MAIO
-Concerto para o BENEFIT CIUDAD JUÁREZ. Las Amas, Solex, Los punsetes, Campamento Ñec Ñec. *Nasti Club. 6 de Maio. 6 euros. Madrid.
-Publico "De raíz" en PDA (Perfil del aire), nº3, Córdoba. Toda unha honra.
-Huella indeleble invita ós meus textos á súa pantalliña.
-Resposto á petición do meu admirado Alberte Momán dunha autopoética...
*
SETEMBRO

-Convocatoria FANZINE ZAPATIÑOS MOTOR
TEMA: RESISTENCIA & PRACER
FORMATO: FOTOCOPIAS, B/N+ROXO
EXTENSIÓN: UNHA OU VARIAS PÁXINAS...
DATA DE ENTREGA: ó longo de Outubro
CREACIÓN
collage
debuxos
manifestos
textos (poemas, contos...)

RESEÑAS
libros, revistas, zines, películas, discos, grupos, sites, referentes,guerrillas...
+ artigos
+ entrevistas
+ anuncios D.I.Y.
¡COLABORA!: zapatinhosmotor@yahoo.es *
*
- María actualiza o blog "lindo y querido", onde conta as experiencias dela e de Leslie no Campamento cos nenos de Ciudad Juárez este vrau. Ir a México, traballar cos fillos das mulleres asasinadas, botarlle unha mau a Marisela de Nuestras Hijas de Regreso a Casa (podedes apoiar asinando a petición NI UNA MÁS na mesma páxina) foi unha iniciativa totalmente persoal. Ademais elas son dúas das organizadoras do Ladyfest España, outro proxecto absolutamente altruísta e necesario...todo por facer e por fin vou atopando xente coa que contar, que contaxia, á que respetar... chapó!
*
OUTUBRO
- Interesantísimo o proxecto da AXENCIA DE PRECARIEDADE "Todasazien Asisto á reunión do punto de información do proxecto. Despois dun ano de traballo inauguran sesións nas que un/ha se pode informar de cómo facerlle frente á precariedade laboral poñendo enriba da mesa a situación persoal... un xeito de compartir experiencias, atopar puntos débiles comúns e de aproveitar recursos e estratexias. Todo na !!!
".Eskalera Karakola

*
-Podedes seguir enviando colaboracións ó fanzine Zapatiños motor durante todo Outubro!!!
*
-A experiencia de María no Campamento para o que fixemos o Benefit Juárez: para lela e votala aquí e aquí .

**


Ana
FOTO: interior do disco dos incribles CAMPAMENTO ! ÑEC ÑEC
*
*

venres, 24 de febreiro de 2006

A boca necesaria





*
**
A beleza do xesto
case un incendio que
desexan as palmas devolvendo
a voz cristal convulso
*
¿
deste cálido fogar
aberto rabuño na carne
delicada ó sul da face
parte a expresión alterada
do mal inconsolable
*
*
respira tanto a boca
sofocada coma cavidade no
bater dun xemido mudo
simulacro de completa dor
ou bico desprazándose
*
*
as cóxegas das amargas perlas
farinxe abaixo amosan que
afecta salpicarse coas lustrosas
cereixas ulindo e salgando o xesto
a exterminar porque
importa o asasinato
**
*
*
["A boca necesaria", 2003]
*
TÓDOLOS CONTIDOS ©2005-2006 Ana Cibeira
PARA USAR ALGUNHA IMAXE OU TEXTO, POÑÉDEVOS EN
CONTACTO

**

domingo, 12 de febreiro de 2006

Princesa inconsolable

*






*
Ática xudea
responde á ausencia
cubrindo a trenza.
*

*






Advirta serea
diversos métodos que
contaxian a voz.






*

*

Creada a serpe
vocabular os lazos
indivisibles.






*

*
Dentro do peixe
respira a flor do pelo
da boneca.


*
*
O líquido aboca
á obriga de crear
intimidade.



**

*


Que esta torre
atraia ó barco perdido
do desxeo.

*

**



De Nin loiro nin melancólico, princesa inconsolable (2002-2003)

domingo, 22 de xaneiro de 2006

"Pecadiñorixinal" un conto meu

No need to marry to love you, diche Betty Page axeonllada disimula o temor sobre o calcañar sete centímetros embaixo da tapiña suxa desexa cravarse o tacón na puntiña no cu negro o cabelo de coiro pero sen remaches prateados os brazos pintados co o escuro esmalte brillante dunha segunda pel enrugada sobre todo por donde pasa esa vea tan importante para o cabalo e mailas enfermeiras e tamén no antebrazo dereito ó dobrarlo coa finalidade de soster como sostén algo así coma un fular de pura pluma de anxo boxeador lixero ceo azul detrás dos enormes peitos con moita delicadeza a man non se lle ve resgardada baixo a teta zurda prémea e volve separala só un pouquiño un pouquiño por ver se aínda sinte os latexos abombados na canción explota explota o meu corazón polo desexo ou pola coca esta noite Betty Page son e afundo coma picadores de xeo agullas acibeche na carne rosada alegre quente e insolente por primeira vez confío nestas medias de rede de cabareteira dí mamá un eufemismo porque non lle gusta que soamente me cobran media coxa sobre o papo da perna ou mazá de eva ou adán porque aínda non temos claras ti e máis eu as funcións da extremidade inferior alaranxada ardente e insolente que desprazo con tino baixo as lustrosas unllas do polgar e índice estáticos húmidos case como a pel dun animal viscoso o dunhas longuísimas botas altas de pitón de Gucci por exemplo aínda que foi Gaultier o que lle copiou a Betty os suxeitadores da cor dos pecados do travesti que son con lingua de serpe coa que pecarei quero dicir picarei a este mundo fríxido do que só me importa a cálida insignia roxa do valor que é como chama Man Ray ó rouge beizo carmín en galego do que tanto dista teu catre campeón home oitentaecinco ou si as temos claras porque esas son as ereccións que che desaproveito sen querer querendo perdón xa cho dixen e non debería pero pídocho polo gato ladrón que es ti e non mamá pretende manterme con froitos bos para comer de árbores placenteiras visualmente máis eu sufro doutros intensos e ineludibles adoecementos e penso que nin sexo nin futuro hai sen Disciplina Disciplina Disciplina por iso vou se-la Señorita Page esta noite haberá un roubo cen por cen á avoa sadomaso de Madonna copieille o look media melena que xusto roza o pendente que alí también chega estala por sorpresa como a nosa gorxa partida en dúas nesta guerra outonal orgásmica festa caída das dúas primeiras follas que se nos prohibira porque no amor todo é empezar, vamos, susurr@...

"Pecadiñorixinal" (2001)*

Publicado en Dorna. Expresión Poética Galega, nº 27,
Universidade de Santiago de Compostela, Compostela, 2001.


PECADITORIGINAL


No need to marry to love you, te dice Betty Page acuclillada disimula el temor sobre el talón siete centímetros más abajo la tapita sucia desea clavarse el tacón negro el cabello de cuero pero sin remaches plateados los brazos pintados con el oscuro esmalte brillante de una segunda piel arrugada sobre todo por donde pasa esa vena tan importante para el caballo y las enfermeras y también en el antebrazo derecho al doblarlo con la finalidad de sostener algo así como un fular de pura pluma de ángel boxeador ligero cielo azul detrás de los enormes pechos con mucha delicadeza la mano no se ve resguardada debajo de la teta zurda la apreta y la separara un poquito un poquito para ver si aún siente los latidos abombados en la canción explota explota mi corazón por el deseo o por la coca esta noche Betty Page soy y hundo como picadores de hielo agujas de charol azabache en la carne rosada alegre e insolente por primera vez confío en estas medias de red de cabaretera dice mamá un eufemismo porque nunca le gustó que solamente me cubran medio muslo manzana de eva o adán porque aún no tenemos claras tu y yo las funciones de la extremidad inferior rosada alegre e insolente que desplazo con cuidado bajo las lustrosas uñas del pulgar y el índice estáticos húmedos casi como la piel de un animal viscoso o de unas larguísimas botas altas de pitón de Gucci por ejemplo aunque fue Gaultier el que le copió a Betty los sujetadores del color de las dudas del travesti que soy con lengua de serpiente con la que pecaré quiero decir picaré a este mundo frígido del que solo me importa la cálida insignia roja del valor que es como llama Man Ray al rouge labio carmín en castellano que tanto dista de tu catre campeón hombreochentaicinco o sí las tenemos claras porque esas son las erecciones que te desaprovecho sin querer queriendo perdón ya te lo dije y no debería pero te lo pido por el gato ladrón que eres tú y no mamá pretende mantenerme con frutos buenos para comer de árboles placenteros visualmente mas yo sufro de otros intensos e inevitables deseos y creo que ni sexo ni futuro hay sin Disciplina Disciplina Disciplina así que voy a ser la Señorita Page esta noche va a haber un robo cien por cien a la abuela sadomaso de Madonna le copié el look media melena que justo roza al pendiente que allí también llega y explota por sorpresa como nuestra garganta partida en dos en esta guerra otoñal orgásmica fiesta caída de las dos primeras hojas prohibidas porque en el amor todo es empezar, vamos, susurr@...

domingo, 15 de xaneiro de 2006

IV



*
MÁIS TOLA QUE UNHAS MARACAS

En Chile maracas tamén son putas


Algunha vez vin bailar aos africanos na tele con caveiras enriba de paus. Axitábanas e elas tiñan a música, parecía que gardaban algo dentro: grans de café, segredos, coches chocones para a feira das pulgas escapadas do circo... imaxineime achegándome a el e dicíndolle:
-bótote de menos.
Pero o único que puiden ver despois foi ese bar fantástico no que estabamos, que tiña unha marabillosa máquina de pinball con motivos de feira moi ben dibuxados: majorets, a montaña rusa, o cu dunha estupenda muller e tamén unha vista da feira enteira feita con luces alaranxadas, iluminando ese trozo de bar ás escuras, que chegaba, parpadeaba unhas cantas veces e despois deixaba paso á palabra P r e s e n t s que aparecía lentamente, letra a letra, moi barroca; había ademais moito ruido, antes e despois de Parálisis Permanente, costras, cerveza e viño e whisky e vodka, apetecíame un bloody mary pero pasei porque un leva a outro e outro e outro e as resacas son tremendas; estaba tamén o olor dos colgantes que fixo Pepe coas súas propias mans e levou vender alí anque seica llos aceptaron a regañadentes: tarxetas postais dun millón de punkis co pelo amarillo e rosa, cores de chupachús para os mozos-perruca, enviando greetings from london...; chapas e insignias do mercedes de papá e tamén de calquera BMW; botas que subían soas pola parede; unha caca que non era de vaca no teito, “ai, coidado que cai”, díxenlle a Vane a primeira vez que a levei alí e inmediatamente botou a man ó pelo incluso antes de mirar cara arriba e ver que o que podía caer era caca, unha plasta, que estába ben suxeita, por sorte.
Podemos ser heroes por un día...pero o peor é que para estas cancións, as preferidas dos camareiros poñen unha luz azul de discoteca que se prende e se apaga e deslumbra pero todo é tan rápido que nin sequera te ves a ti mesma :agora tes unha cervexa na man e agora desapareciches ti, a man e a cervexa... unha luz que me lembra ó final de Buscando ó Sr. Goodbar, unha película na que Diane Keaton é unha chica dunha familia tradicional que pretende liberarse pero se topa no camiño coa Richard Gere, un amante-psicópata que é como a pantasma das advertencias de seus pais e de toda a sociedade e vaise encargar de darlle o seu merecido. Para que aprendan as moi zorras. Corrían os anos setenta.
El aparece e desaparece azul.
-E ti, ¿botáchesme de menos?, ¿bótasme de menos?
E a pantasma resposta:
-pois a verdade é que non. Lembreime de ti, claro pero...
A partir de aquí deixo de escoitar e derrúmbome como unha tonta neste bar de tódalas noites, pero gracias a deus estou na miña cama pataleando máis borracha que calquera outro día con moito máis e cunha sensación de fin do mundo que me agarra os pulmóns cun so puño e me levanta do chan estirando a outra man cara atrás preparando un puñetazo que me fai sangrar por onde máis doi, polo nariz.
El díxome un día:
-non me gusta que me toquen as narices literalmente. Poden darme onde sexa, incluso palmadiñas na cabeza, que fode moito, pero no nariz non o soporto. Porque ves, téñoa torta, antes a tiña bonita e recta pero agora non.
E tamén:
-estás máis tola que unhas maracas.
E iso gustoume moito moito porque eu nacín en Venezuela e lin nalgún sitio que unha maraca era un instrumento musical feito cunha cabeza seca con pedriñas no seu interior. Pois iso, o mesmo que as caveiras con grans de café, segredos ou coches de choque para a feira das pulgas que se escaparon do circo. Ademáis África e América do sur seguen encaixando perfectamente no mapa.
Menos mal que cando esperto xa é de día e teño unha cita anque sexa nun sitio rosa e podo sentirme mal por moitas outras cousas antes que volver pensar nestas tonterías.
*
*
MÍNIMO COMO MARILYN
“Collige virgo rosas”

Coido que a ela non lle soaba música na cabeza cando baixou ó osario, ou tal vez sí, quizais Nick cave, Suicidal Tendencies ou Sepultura. Ou simplemente Modestia Aparte, os corpos putrefactos, xa desaparecidos deixaran lindas cabeleiras loiras e morenas e tamén calcetíns de nylon intactos, con tódolos ósos do pé no seu sitio cantando algo realmente apestoso “que quieres ser, que quieres ser con tus quince años toda una mujer...”

Estaba no seu primeiro ano de universidade e lle mandaran conseguir como fora un esqueleto, e ela ía conseguir a toda costa un esqueleto. Enteiriño e en bo estado. Estaba máis ilusionada que o último día de octavo, a primeira vez que oficialmente ía ir á discoteca. Lembro que se montara unha de agárrate. Mamá estaba tan furiosa que o discutira con S. na Coruña, porque xusto un par de días antes da sonada festa fomos alá creo que de compras, e ela llo contara a S. porque cría que, sendo 10 anos mais xove que mamá pero tendo o peso de ser xa nai de familia, a axudaría a convencela. Pero mira por onde S. tiña unha opinión moito máis esaxerada das discotecas que mamá. Eu o entendín moi ben a pesar de ser aínda algo pequena, as tías que van ás discos ( porque iso sí, sempre meteu algunha palabra moderna no seu vocabulario para dar o pego, e xa vemos que o daba) veñen a ser unhas putas. Non dixo a palabra pero deuno a entender. E engadiu toda orgullosa: “para ser desas, ser de categoría. Mínimo como Marilyn.” Supoño que só se refería ás que ós trece van as discotecas, porque creo que tamén se esforzou en explicar que ós dezaoito xa se podía ir, de cando en vez. Tamén dixo que no caso dun rapaz era distinto.
“Boa armamos”, díxenlle cos ollos, e ela so me insinuou un sí, maís encollida que unha rosa posta a secar boca abaixo no trasteiro. Ó final foi, claro, iso si, tivo que chorar, papá enfadouse moito máis ca mamá e lembro que pasamos unha parte da noite na rúa, preto da casa sentadas na beirarúa, falando, e chorando de vez en cando, e tamén moito rato caladas. Ah pero o o millor de todo é que daquela xa levaba un ano enteiro pasando as tardes dos venres en Apolo. A mesma discoteca onde se ían despedir do colexio. O que non entendo entón era por que choraba, só tiña que facer un pouco o conto. Por iso a nós o que dixera S. parecéramos unha animalada e ó mesmo tempo unha chorrada, tiñamos coñecemento de causa.
O único cemiterio onde podería haber algo de todo era no de Vigo así que alá se foron ela e unha amiga con mamá. Chamaron ao primo Carlos, qe vive en Vigo e as acompañou ata alí. Só cunhas luvas de ciruxano e o pelo recollido, baixaron co encargado ó osario escuro e putrefacrto. Sairon cheas de lama, contando todo o que tocaran e ulindo a morto e a bichos. Case vomitan todos os que as esperaban. Todos menos elas que cando aínda estaban abaixo berraban entusiasmadas: UN PERONÉ, QUÉ TAL ESTÁ ESA TIBIA DE AÍ, M., MIRA, ¡CALCETÍNS CON ÓSOS DO PÉ ENTEIRIÑOS... ,TI CÁNTOS QUERES?, E HAI CAVEIRAS CON PELO..., ESTA TIÑA O PELO LONGO! Cando chegaron a casa e mo contaron eu non mo crin todo, pero o do pelo que seica segue medrando pareceume incrible. E díxome tamén que había unha loira cun peinado coma o de Marilyn. Así acaban as zorras. Tan novas. Era 1962 e tiña 36 anos.
*
TEREMOS QUE NOS ARMAR CABALEIRAS ANDANTES
*
Un coche berroume unha advertencia naquela noite de moito fume na miña cabeza: que te violamos. Comecei a poñerme nerviosa, sentía como que a pel se me transformaba en escamas, logo veume Susa á memoria contándome “e entón ofrecéronse: ¿queres que te violemos?”. Pregúntome como se lle pode dicir iso a alguén e ó mesmo tempo ourízanseme tódolos pelos dos brazos e das pernas e volvo ao tema das pistolas. Antes cando chegaban estas ideas viña tamén Myri e me poñía mala cara, entón eu volvíame boa e facía que esquecía o tema, pero dende que sei que dende pequena esconde unha navalla para darlles na perna e sair correndo xa estou tranquila e síntome forte coma un camión, coma un deles, un mozo duro, un imbécil.
A aquelas horas xa non había moito que facer así que marchei para a casa. El xa non me necesitaba e ademáis estaba comezando a esquecer a súa cara. Tiña que aproveitar. De verdade creo coma o Cabaleiro da Triste Figura que non hai memoria coa que o tempo non remate, nin dor que a morte non consuma. Si me desexaba, pero como a calquera outra. Eu tampouco precisaba chorar, non vos vaiades crer...nin rir, e menos suicidarme. Cecais un vestido novo e unhas fermosas esposas prateadas para darlle lume á miña imaxinación desgastada. Quero ser unha pistoleira e non lle envexo nada a ninguén.
Camiñaba cara o pisiño de solteira, moi preto xa da miña rúa chamáronme guapa. Eran varias voces de home, de risas, de estupidez. Como insistían volteei a cara sen deixar de andar, para poñer cada vez máis distancia entre eu e o mundo macho, cheo de coches e luces roxas coma burdeles esta noite. Iso foi todo o que vin ó mirar, ó prestarlles atención ou amosar valor, ó atreverme a desafialos, buscando igualdade de condicións: enfrontarnos corpo a corpo, ó pedirlles que non se esconderan nun cacharro, cun simple xesto de cabeza que fixen, trocaron os piropos por insultos. Os bicos ao ar por golpes tamén en van. Iso e propoñerme acabar comigo foi todo unha mesma cousa, agora eu era creída , cabrona, “que te violamos”... Dichosa edad y siglos dichosos aquellos a quien los antiguos pusieron nombre de dorados (...) las doncellas y la honestidad andaban, como tengo dicho, por dondequiera, sola y señora, sin temor que la ajena desenvoltura y lascivo intento le menoscabasen, y su perdición nacía de su gusto y propia voluntad. Y agora, en estos nuestros detestables siglos, no está segura ninguna, aunque la oculte y cierre otro nuevo laberinto, como el de Creta,; porque allí, por los resquicios o por el aire, con el celo de la maldita solicitud se les entra la amorosa pestilencia y les hace dar con todo su recogimiento al traste. Para cuya seguridad, andando más los tiempos y creciendo más la malicia, se instituyó la orden de los caballeros andantes, para defender las doncellas, amparar las viudas y socorrer a los huérfanos y a los menesterosos*.
Deiteime tomando unha grave determinación: convertirme en xusticiera, un honesto anxo da vinganza .
*MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA, El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, I, Cap. 11. (1605)
*
*

venres, 13 de xaneiro de 2006

III



LAGAÑAS
*
*
GRANDES SUICIDAS coñecéronse por casualidade nun concerto de TURBONEGRO darkness forever e decidiron, despois dunhas cantas conversas de tarde formar un dúo de rock. Pola noite coñécese, pola tarde lígase. Anque este era outro tipo de amor, polo menos ata o primeiro día de ensaio cando ela dixo “estou ansiosa por proba-lo micro” ao tempo que se limpaba unha lagaña coberta de rimel de onte coa puntiña da unlla do meñique. “Teño máis lagañas?- preguntoulle mentres lle viña á mente a cara imperativa da súa nai repetindo os ollos ráscanse cos codos, con voz melosa pero efectiva, os ollos (e aquí facía unha pausa para advertir) ráscanse cos codos- é que cada vez que poño as lentes de contacto se me multiplican”. Primeiro el pensou que era a moza máis natural que coñecera nunca e polo tanto a máis bonita e despois achegouse a ela e colleulle a cabeza por detrás pousándolle os polgares na fronte estreitiña para ver millor as pestanas, e con toda a súa atención e algo de cariño lambeulle tódalas lagañas dunha soa vez e tragounas con fame e cunha cara que era a cara da santa bendita señora Felicidade. Así naceu a primeira canción dos GRANDES SUICIDAS: “Os ollos ráscanse cos codos”, adicada por suposto a tódalas mamás.

*

[De Noites estrañas ou O pisiño de solteira, 2000, Inédito]

*


II

*GRANDES SUICIDAS
*
*
As plumas caen roxas sobre París nevado lentamente cóbrenme de tristeza fáltame o ar pero iso é de fumar tanto. Fágoo porque me aburro, nada máis que por iso “¿E non tes medo de colle-lo vicio?”. “Nada de nada”. Díxome que ía casar un día destes, díxoo así, como se aínda tivera algunha posibilidade de que acontecera, pero eu entendíno perfectamente: de ningunha maneira-non ten con quen-quen sería ela-de onde iría-será mentira. Isto ocorreu esta noite. Púxose rarísimo e empezou a dicirme cousas como esas. E a evitarme tamén. Despois xa corría coma un porco. Que vergoña.
Coñecino fai dúas ou tres semanas, non levo a conta, demasiadas noites e demasiadas cervexas, non fixemos nada, pero a min gustábame de veras. Agora vexo París dentro da miña cabeza e cóbrome de plumas porque eu non me vou durmir con calquera. Xa estou farta de ser un “mozo malo” pero el nin sequera chega a iso, anque esta última noite, a que me fixo encherme as pernas de olor a espuma roxa, se portara así de feo. Non te fagas ilusións. Só é un tonto. Un rapaciño que se aburre e se apoia en calquera lugar, incluso nos sitios máis fríos, e queda durmido. Onte preguntáballe a Myri con curiosidade: ¿gustarame tanto porque é un suicida ou se non fora porque ten ese empeño en morrer pouquiño a pouco sería o home da miña vida? Ela non sabe qué respostarme, mira pola ventanilla e repite “tola, tola, tola de todo” e non mo dí en alto porque sabe que me gusta que mo digan así, con ese complemento “de todo” detrás, igual que o din na casa meus pais, que non teñen ningún sentido do humor e só o din dalguén que está enfermo de verdade, quero dicir, que xa pasou polo manicomio ou está a caer, que tontería. En realidade ningun dos catro temos sentido do humor, e eso mesmiño que eu me encargo de ir repetindo por aí, oinllo a él un día. “E menos mal que non o temos” dicíamos despois, xa almorzando nun bar moi cutre, porque nos pasamos toda a noite mortos de risa, de que nos riamos, agora mesmo non me lembro.
Outra das pouquiñas cousas que me rosmou onte ía diso: “xa non vou rirme máis por nada, os demais se queren que rian, pero a min non me fai ningunha gracia”. ¿Que será o que non lle fai gracia, está demasiado serio, ten ganas de matar ou vaise derrumbar en calquera momento? ó millor é só a febre. Todo está permitido. Cando nos conocimos explicoume que pola rúa levaba unha cara moi seria, simplemente seria e os amigos dicíanlle “cando vas so parece que vés ou que vas a unha pelexa. Pareces un asasino”. Pareces un tonto creo eu, e iso que a min dinme o mesmo, exactamente o mesmo. Non sei porqué vexo plumas. Quero que saibas que o olor a escuma rosa, e cada vez máis roxa son soamente eu afeitándome. Se o viras, corría coma un porco o día do seu san martiño. Que vergoña.


*
*A muller que baixou das alturas pra facerme feliz
deume no pelo e na
bocaos dous roxos coma cortes
cun so disparo

esta madrugada espertáronme os gatiños chorando
eu non conduzo coches, xúroo
morreu a nai
mamá tola
musculatura tremenda
tea se araña
encerrona afectiva
boxeadora con laurel.

Viña de ver unha peli onde todos presupoñían vida=felicidade
pero o único que conseguían era correrse.

Benvida ás noites amarelas, díxenme
como ela decidiu non facer as maletas comigo
quero pensar nos miles de cortes que tinguen de rosa
a escuma na coitela de afeitar.

É difícil quedar durmida cando tes que taparte os oídos
e ó mesmo tempo esquecer que aínda non saiu o sol
para meterse na ducha contigo e aproveitar o madrugón
como unha gata en cío.

Falamos por teléfono, por última vez hoxe
iso nunca se sabe pero esta vez seino
xa non ulo nada parece unha mentira
para un poema
despeito pero estranamente non me queda nariz

Malia todo quero unha gata que sexa meu amor,
foi un misterio como o da estraña cabeza
atopar as tripas rosadas e rebentadas
desta nai
esta madrugada
espertáronme os gatiños chorando
eu non conduzo coches, xúroo
morreu mamá
mamá tola
musculatura tremenda
tea de araña
encerrona afectiva
boxeadora con laurel
coroa de espiñas cravada -daquí ó final lese todo seguido-
no pelo e nos ollos cortes
un venres de paixón
escuma rosa no mar na bañeira nos pelos nas pernas na boca
por ti por min por
fin.
*
*
*

domingo, 1 de xaneiro de 2006

I



CONTIGO


*
Baixamos a costa de vagar, porque soa música na praza e preferimos ir chegando pouco a pouco, mirala primeiro ao lonxe sen participar nesta tristeza electoral do venres pola noite. E parece que hai festa: as parellas, os nenos, os matrimonios...todos levan unha rosa roxa na mau, o corazón na mau, a música nos pés que aínda disimulan, e o alcohol na outra, como as mozas que esperan dentro dos bares a que el apareza pola porta.
*
Dicían todos que a morte era unha muller e o amor un home. Dicían que a gadaña metía medo, berraban o da gadaña cada un dos días da sega o campo era amarelo: prados de ouro e espantallos asasinados a picotazos. Non hai nada que facerlle á primavera. Os espantallos non sangran. Nada que roubarlle á usureira. Nada que confiarlle ó ladrón, só rezar por un pouco de compaña.
*
A praza está medio iluminada, no escenario un grupo de country, lémbrome de Young e dígollo: “o mozo máis guapo do mundo leva un sombreiro deses - fago unha pausa polo ruido, aínda que lle estou berrando ó oído- e ata supoño que usa pistola”. Ela estráñase de todo, pero non pregunta, mete as mans nos petos, deixamos de camiñar enfronte do escenario, invítannos a bailar: veña todos, os de atrás, arriba esas palmas, hep! Todos van vestidos integramente de vaqueiro, con camisas anchas e grosas metidas por dentro e cintos de coiro “Young levaba cinto e caíanlle os pantalóns. Sempre que falo del fágoo en pasado, o máis seguro é que estea morto...eu só sei del por unha foto e debe ser vella”. Ela cada vez está mái confundida, pero segue calada, case nunca di nada que non sexa imprescindible. A música sube e a xente alborótase cada vez máis, van apartando a vergonza e deixándolle sitio ó viño e ás rosas que reparten mozas vestidas de roxo, cunha mensaxe zurcida en branco sobre a teta esquerda: contigo.
POR SE ME CAMBIA A SORTE
*

Quero unhas botas de montar, uns estribos e correas, tamén moitas espuelas de cabaleiro de distintos tamaños. Ela conduce rapidísimo, quere matarnos, non quere morrer soa, quere que eu o perda todo, xa que vou de rastreira. Non sei que me quixo dicir con iso. Pasamos pola feira que estaban montando onte cando regresábamos de madrugada, cando xa non falabamos papá e eu, pedíndonos perdón con ese paseo en coche na metade da noite, a cen por hora desexando chegar á cama. Entre os grilos e os paxaros.
*
Como xa estou pendente dame tempo a velo todo, polo menos eu teño a sensación de que non había nada máis. Nada máis que unha pista para os coches chocones con algúns nenos dentro, sempre hai un mozo ó que non lle collen as pernas e vai por aí fodendo ós outros, sobre todo a elas. Nada máis que unha música de orquesta e pachanga moi triste, tristísima do fea. Nada máis que algunhas árbores, papeis de cores no chan, algunha parella, outra atracción quizais, que non dá á estrada e botellas. Mil botellas para os quince anos que cumpro, algunhas raias para os que coñecen o amor e a pesar diso o esperan, benaventurados eles... “compre, compre o seu boleto prá tómbola da fortuna, sempre toca, mellore as cousas”. Mercarei un por ver se me tocan esas fermosas botas de montar, os estribos, as correas e as espuelas de cabaleiro. O xogo debería ser outro, un tiro ó branco, por exemplo, onde se viu unha pistoleira que non poida demostrar a súa puntería. Pero non nesta feira tan pobre, na que ela me impide probar sorte. Polo menos non hai vellos bailando pasodobres. Fallan as rosas pero está o viño.
CARA A CARA CON NAPOLEÓN
*

A Alberto García-Alix
-Un vinito por aquííí...
De oito a nove fomos velo a el , ainda que ti non o sabías, “vinte fotos” dixeches, quizais por iso pareceume que non che importaba renunciar a ti durante un bo rato. Alí estaba guapísimo e distraído durante toda a hora. Eu debín beber máis viño ca ninguén, xa estaba nerviosa cando chegamos. Vestía unha camisa estampada pode que de manga curta ou remangada non me lembro, e uns pantalóns anchísimos, azul mariño, un gran pirata no fondo da galería. Delirio nocturno, Estrella, en su habitación, Los malheridos, A ras de suelo, Calavera no llora, aros en cada un dos beizos e candado enganchando os pendentes, un novo autorretrato, algún amigo máis e outra vez viño. Quedeime como unha idiota pensando cómo follaría de ben aquela actriz porno e tamén na dificultade do candado. Coido que el bebía ron, moi elegante, os restos no vaso baleiro eran cor ámbar escuro e nas fotos da prensa sairá bebendo da botella cocacola o día da inauguración...

Díxome que soamente eran fotos cando lle dixen “que bonita a exposición” . Supoño que ás veces sinte vergonza. Sabe que está estrangulando o olvido pero tamén sabe que as fotografías non chegan nin ás diminutas tapas dos tacóns da Pura Vida. Ningún disparo cae no centro do corazón aínda que mate igual.

Hoxe volvino ver. El non mirou por suposto. Encendía un cigarro, un dos xestos que máis me gosta no mundo: cabeza ladeada, beizos pechos sosténdoo na punta, entrecello algo cruzado e as maus tapando o vento que quere apaga-lo lume como se fose o seu aniversario. O vento cumpre millóns de anos cada día en tódolos lugares onde hai tabaco ou algo millor pra fumar. Non volvín ver ó ladrón de almas.
“Por se me cambia a sorte” e “Cara a cara con Napoleón”
*

publicados en Nada es Verdad nº0, Outono 2001
*
**
*+