sábado, 22 de novembro de 2008

Illas de tinta



Estes días está TOMÁS SEGOVIA dando un taller de "artesanía poética" na Residencia de Estudiantes* en Madrid e esta noite tivemos a sorte íntima de desfrutar del en Arrebato, unha librería que chama a atención por ser de segunda man , pero ó meu parecer con criterio; ademais non sei se está especializada en poesía ¡ou simplente é que a coidan con entusiasmo! Boa mostra disto é o FESTIVAL POETAS POR KM2 que organizan cada ano, un maratón que celebra o xénero en vivo interdisciplinariamente (¡e eu tiven a sorte de participar nel no 2006 xunto con Elena Medel, ela texto e eu imaxe&son!). Por se isto fora pouco, teñen especial importancia na libreria as editoras pequenas e independentes, e aquí sí existen a autoedición e os fanzines. Todo un luxo de contexto para saborear os poemas de Tomás Segovia.

Esta inmovilidad de ojos atónitos / y postrado lenguaje / que me encadena a estar presente / en la ausencia de mí / a esta sombría suspensión de mi latir difunto / le pregunto / si he de morir sin haberme lavado / de tanta sucia soledad errática / y qué sol me podrá secar un día / de aquellas cavernosas aguas pútridas / donde he chapoteado tanto / mirando tiritar la vida / desfigurada por la llaga obscena / del amor omitido»
Tomás Segovia
*Segredo a voces: Elena Medel asistía coma min ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario