luns, 24 de novembro de 2008

Lóstrego de testosterona




De Lightning Bolt me flipa en primeiro lugar que toquen entre a xente, non fronte á xente , nin para a xente.
A música é pura enerxía que enxordece e altera. O sábado, para o meu gusto, estiveron too much hevirulos, pero paga a pena ver unha proposta tan radical, intensa, absulotamentelibre e apaixoada fóra do circuito do punk ibérico... (qué envexa que haxa, neste caso que houbera, sitios como FORT THUNDER -okupa creativa da que formaban parte, xunto con moitas outras/os artistas en Providence- fóra das nosas fronteiras...)
Ademáis o hiperactivo BRIAN CHIPPENDALE é un debuxante alucinante e alucinado ó que de verdade perseguir...

Enriba da miña mesa, un documental emprestado que vai de xira con eles e parece que é incrible: THE POWER OF SALAD & MILKSHAKES, ¡xa vos contarei!





¡Recomendo que lle botedes unha ollada ás fotos da okupa, unha pasada!
Aquí, tres de mostra...

Ningún comentario:

Publicar un comentario