domingo, 29 de marzo de 2009

marzal



Marzo: un mesiño desconectada da rede na casa, pero profundamente conectada á vida... mil pasiños fermosos déronse este mes de viaxes e historias... de novas amizades e proxectos forxados:

*Martha Rosler en Granada é unha experiencia que recomendo a calquera que estea interesada/o nos discursos políticos, feministas... na arte... nos collages, ou na arte contemporánea que parte de postulados da setenteros e americanos da contracultura... Martha é unha muller pública, unha artista libre, unha persoa valente. Flípame. Arroupada me sentín esta fin de semana cheverísima en Granada.



*Tamén gracias á xenerosidade da miña amiga Marita, pudemos coñecer á interesante poeta, editora e activista peruana Violeta Barrientos, cuxa traxectoria recomendo coñecer sobre todo ás/ós interesadas/os en literatura fronteriza de temática erótica ou lesbiana... nas políticas sexuais, nos fortemente entrelazados feminismos latinoamericanos...

*Novos descubrimentos no mundo da arte galega que ronda por aquí en Madrid: suciedade punk do máis libre da man de Jose, editor subterráneo do selo NO DEJARÉ QUE SALVES ESTE MUNDO e pintor todoterreo; e Fojo, fanzinero de pro e creador de seres recheíños e coridos!



Fotiños: o logo da fermosa distribuidora de Basilio "Chingaste la confianza" feito por Fojo, e unha das camisetas de "Abominable futuro"(o seu grupo) que regala Jose nos puestitos que pon nos corcertos...

mércores, 18 de marzo de 2009

Concerto


HOXE...
El miércoles 18 de marzo (víspera de festivo) en la sala Freeway y por 2 euros:
Atomizador: Voz y cassettes triturados y ruido narcótico.
Abominable Futuro: Punk conceptual con tendencias apocalípticas.
40 carteles pintados a mano en las calles de Madrid, tu ciudad amiga!


mércores, 4 de marzo de 2009

DF



Reatopei a Daisy Fletcher!

Autoflaxelación

AO FALARMOS da alfabetización en Galicia
nós tamén estabamos dalgún xeito mortos.
Non mo dixo ninguén
pero sentía o abraio interposto entre a conversa e mais eu
víame aboiando na distancia precisa
que me obrigaba a afirmar que ninguén alí
podería rozar xamais coa xema dos dedos
a dozura da alfabetización.

Lonxe e desdebuxados
coa realidade noutra esfera
falabamos do que non era noso.
Alguén debería explicar
a quen lle pertence a alfabetización
a autodeterminación
a flaxelación.
Onde están, se conversamos con elas, ou como xiraría
o mundo se ningún esquimó
cometese a extravagancia
de falar.

ORIANA MÉNDEZ, Derradeiras conversas co capitán Kraft, Galaxia, Vigo, 2007.

Aínda con el no padal... mastigando as conversas, entendendo quén é este Kraft, pero non podo non convidarvos a semellante manxar... non sempre é doce a exquisitez; mestura sabores, salgado e un chisco ácedo... amargo e frutal...


Traducción ó castelán dalgúns dos poemas deste libro, aquí

domingo, 1 de marzo de 2009

Látego



Este foi un domingo precioso!
Marzo promete beleza a mancheas!!!

Sobre a mesa: Las hijas de Egalia de GERD BRANTENBERG, W.I.T.C.H. a edición de La felguera, o nº12 do fanzine LUNA,The Power of Feminist Art, o ep de Condenada e SIN ORDen, cinta de C-UTTER..., o número adicado a ANGRY WOMEN da incrible revista RE SEARCH!