mércores, 24 de xuño de 2009

Campaíñas na néboa




Para abrir boca, antes de que fagamos esa expo virtual a dúas voces que estamos argallando Jose de afeite al perro e máis eu... ensínovos as nosas últimas rotas... eu participo na homenaxe en forma de arte-correo (ben coñecido como mail art)a Remedios Varo que organiza a Asociación ARTEMISIA y COMPAÑÍA dende Huesca; e este meu amigo amado anímase a expor o seu poster-art nesa mangnífica páxina de carteis que é GIGPOSTERS!

Desfrutade da néboa mesta rechea de campaíñas, como música da páxina de ARTEMISIA ó entrar!

luns, 22 de xuño de 2009

Pasiños


Unha tarde única, reencontro e encontro.
Para que a vida sexa maxia,
tendo o mínimo todo o sentido.

Muaaaaaaaaaaa, rapazas!

Lunática


Chega o vrau ben quentiño.
Ecántame esta foto de Luna, mirade os peciños vióláceos.

mércores, 17 de xuño de 2009

Devindo pécora





Xa case nin lembraba o meu pasado de pécora, hai lembranzas que tapiei deses días e agora, de súpeto pregúntome por que non petar máis forte na porta da feminidade pura, como me gusta.
Gracias a esta voz entusiasmada e exultante! lembrei non só as plataformas e todo o que viñeron con elas, senón o que eu pensaba daquela: que sen elas non tería ocorrido o mesmo, eu non me sentiría tan forte...
...
E daquela, tivo moito que ver co seu pouco medo e o seu xeito de darlle vida ás metáforas; o reencontro con ela mentres leo a Ziga non é unha coincidencia!

Lo mejor que nos podía pasar! Itziar Ziga publica el manifiesto de la feminidad precaria, esperpéntica y punk. Un himno político al feminismo barriobajero que inventa nuevas formas de lucha más allá de la genealogía viril de la izquierda.A Itziar Ziga le gustan las boas de plumas, en ocasiones se disfraza de camionero, y en otras se autodenomina perra. Este libro, escrito en primera persona desde la voz deslenguada y agreste de una guerrillera incombustible, da fe de ese instante de iluminación en el que el activismo se reviste de lucha divertida y desacomplejada, batalla campal de ideas, gritos estridentes y anormales, reivindicación brutal de lo que queda al margen de una sociedad que castra y condena. La libertad y el entusiasmo de Ziga son rabiosamente contagiosos, así como terribles y esclarecedores. Cuando ya no importa ser hombre o mujer, cuando esta distinción se convierte en irrisoria, el flujo de pensamiento campa a sus anchas y dinamita cualquier discurso hegemónico y bienpensante. En estas coordenadas se mueve la autora de Devenir perra: sin patria ni Dios; con puños, lentejuelas y bastante mala baba. BEATRIZ PRECIADO

luns, 15 de xuño de 2009

O faro verde


SÍNTOME AFORTUNADA
ESTES DÍAS DE LAZOS BRILLANTES.
ESTE SAIR DA CASA E ENCHER O PETO ESTÁ SENDO PURO PULO
PARA SEGUIRES FELIZ e SANGRANDO,
COMO Ó INICIO, O OLLO DO MEU LABIRINTO.



Áquí un dos lazos que me atan ó pracer!

Carta VIII
A PROVOCACIÓN

Ás veces o teu corpo fíltrano os cristais, infusiónase no
aire e no fume e solidifica como un paxaro vello que se tende na cama.
Para arrincarche a pel non preciso os dedos, basta soprar
como en superficies antigas
e recupero o teu corazón entre as raíces brancas que afunden
incluso sen tocalas.
Así quero xantarche o corazón como mazá como pedramol como tubérculo. Como quen agarda
e repasa latitudes ao lonxe mentres mastiga. E se pode,
que siga batendo, como un animal
sen pel
e con espasmos.


***


Carta VIII
LA PROVOCACIÓN

A veces a tu cuerpo lo filtran los cristales, se infusiona en
el aire y en el humo y se solidifica como un pájaro viejo que se tiende sobre la cama.
Para arrancarte la piel no me hacen falta los dedos, basta con soplar
como en superficies antiguas
y recupero tu corazón entre las raíces blancas que se hunden
incluso sin tocarlas.
Así quiero comerte el corazón como manzana como piedra pómez como tubérculo.
Como quien espera
y repasa latitudes a lo lejos mientras mastica. Y si puede,
que siga latiendo, como un animal
sin piel
y con espasmos.



PEDREIRA, EMMA, Os cadernos d´amor e os velenos, 2002

mércores, 10 de xuño de 2009

A boca necesaria




SENTIR, SEN SER.
Recoméndase pantalla grande!
Outra descuberta de fp: Marilyn Minter.
Primeiro foi Ana Mendieta co seu Untitled (Glass on body imprints), despois Pipilotti Rist co seu Open my glade, e agora Marilyn Minter co seu Green pink caviar(e por certo as dúas últimas expoñendo en Times Square estas pezas!)... A DESFRUTAR!



E aquí a propia Marilyn nunha panorámica da súa obra máis completa, que gozada, as miñas obsesións ben representadas... semana feliz!



suxas de tanto ruído!

luns, 8 de xuño de 2009

Resistencia & pracer!



Como dixerir tanta beleza bruta, tanto amor humano, tanta resistencia pracenteria. Cantísimo aprendín esta fin de semana de Maribel e de c-utter, e que pouco tempo para enchouparme de tódalas ideas que sustentan cada proxecto ós que se adican. Este é o principio dun brillante lazo.
Gracias dende a polpA, rapaces!




Fotos: a felicidade! -c-utter e atomizador-; gracias a Jose(organizador e atomizador favoritísimo!) e a Marisa por facerme chegar o recordo gráfico antes de que o domingo rematase!