martes, 3 de novembro de 2009

Agora que estamos no outono... sopiña para xantar!


qué zapatillas dicía Yolanda que levaba? seguirá Carlos tan chapón coma sempre? en qué lugar da casa, con qué amuletos escribirá Chantal Maillard tan soaviña e de ritmo galego como parecía, será a carón da fiestra? cando sacarei un ratiño para escoitar o acto no centro de poesía José Hierro en Getafe que seguramente organizou Julieta? quén é ese Marcos Cantelli que lle gusta tanto a m.r.? cómo será a voz da fermosa Eloísa que me escribiu para visita-la isla kokotero? cantos días, horas, minutos, segundos, quedan para a entrevista á onírica Luna?

tódalas respostas nese imprescindible caldo feito con tanto amor e ingredentes de calidade que é o programa de radio Sopa de Poetes dende Barcelona. Son fan dos amigos soperos! Invítovos a mantervos de poesía!




[O dito, Luna entrevistada o 4 de Novembro (mañá!) en SdP!; aquí vos deixo a fermosísima homenaxe audiovisual que lle fixo a Ángel González!]

[esta sopiña si que lle gustaría a Mafalda!]

SOPA DE POETES mércoes de 20 a 21 h.El Prat Radio (www.elpratradio.com). sopadepoetes@yahoo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario