xoves, 13 de maio de 2010

A festa no seu pelo

Este mediodía vin ó lonxe na rúa a unha ladyfester, unha das máis chamativas, e o corazón deume un chimpo. Con ela viñéronseme enriba os días de soñar que estas pequenas que veñen empurrando son fantásticas-os días de comer pasteliños marroquís-de bailar por dentro o pogo de le tigre que todas executaron mentres eu gozaba de tanto corpo libre, de tanta revolución ó noso estilo-de soñar de novo co meu grupo de punk que parece que vai ser de pop-de escribir pensando, como sempre, soñando e logo enrugar panos no peto que ás veces non volvo mirar, gústame saber que están aí manchados de tinta e suor, e que me leen a mente como D. a Elisabetta- viñéronseme enriba a cervexa con Ainhoa e os rapaces a primeira vez que pisei a casablanca e un pouquichiño despois as risas cos ollos doridos pero entusiastas mentres colgabamos os collaxiños e as fotos de Almudena...poñíase o sol naquela habitación sen luz- pensei no primeiro sábado con lola cando abriron a Tabacalera e había moitísima xente e a todas lles cruzaba de orella a orella un sorriso satisfeito que cedo ía ser revirado polos funcionarios de vida nada violenta, 0 apaixoada, e 100% en "cuarentena", pero non paga a pena nin nomealos- e lembrei como tropecei con m&m cando subían con maite a incediar a noite, e rin xa a gargalladas soa pola rúa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario