xoves, 6 de maio de 2010

Mistos para queimalo todo e cigarros para velo arder



*sen medo a dicir “te quiero” sen medo a que soe cursi, facendo un pop doce, frases populares das nosas vidas pequenas, poboan, reenchen esta fermosura de disco, sen pretensións –tan poucas que todo quedaba na sala da casa- así debe ser, bordados con fío de ouro, así debe ser para min en días coma hoxe que as patadas da vida, da xente que non ama a vida, ou ó menos ós seres humanos, che dan na barriga, así debe ser esta doce doce vinganza… grazas por tanta beleza, María, Pablo e Javi. Gracias por achegar o fiíño ata deixalo sen ar entre nosoutras, Jose*


[se vos gosta FAMILY correde a por esta xoia, quen avisa non traizoa!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario