mércores, 30 de xuño de 2010

"Contra a historia única" Ziga

Do blogue de Itzíar Ziga chéganos esta corrente de verdade e beleza da boca de  Chimamanda ADICHIE!
Para saborear con tempo...




[fixádevos que se poden poñer subtítulos en viarias linguas....]

martes, 29 de xuño de 2010

Here we go! (Humor vítreo no gaztexe de Gernika!)

O marabilloso proxecto KAFEA ETA GALLETAK que reúne a quen queira arredor de café con leite con galletas mentras se escoita un disco enteiriño -elexido e presentado polo grupo invitado- seguido despois dun concerto dos anteriores... lévanos esta vez a nós: a HUMOR VÍTREO!!!
canto imos desfrutar, iuuuupi!
Humor Vítreo nos vamos con nuestros discmans a uno de nuestros lugares favoritos del mundo. Allí tocaremos y escucharemos a toda hostia uno de los discos de punk más clásicos de la historia, "Taking the rough with the smooch", de Huggy Bear.
Riot!!!!!!!
[De afeite al perro.blogspot.com]



KAFEA ETA GALLETAK 19. saioa 
Uztailaren 3an /3 de julio
18:00 Disko entzunaldia / Audición del disco HUGGY BEAR "Taking the Rough with the Smooch"
19:00 Kontzertua / Concierto HUMOR VÍTREO
GERNIKAKO GAZTETXEAN
***


Huggy Bear fue uno de los grupos claves del Riot Grrrl y la punta de lanza del movimiento en Inglaterra. Insobornables, misterios@s, salvajes y absolutamente fascinantes, nunca revelaron sus nombres completos, se negaron a dar entrevistas y fotos a medios no fanzineros y rechazaron unos cuantos intentos de absorción del sistema en forma de contrato discográfico editando siempre en sellos de punk combativo (Wiija, Kill Rock Stars, Gravity). Y lo mejor de todo: compusieron auténticas bombas sónicas de revolución adolescente (girl/boy revolution era su lema), la mejor de todas "Her Jazz", himno riot por excelencia junto a "Rebel Girl" de Bikini Kill.

Huggy Bear Riot Grrrl-aren funtsezko taldeetako bat izan zen, eta mugimenduaren Ingalaterrako erreferente nagusia. Erostezinak, misteriotsuak, basatiak eta zeharo liluragarriak, inoiz ez zituzten haien izen osoak adierazi, ez zioten elkarrizketarik eman fanzine ez ziren komunikabideei, eta sistemak kontratu diskografiko bidez haiek bereganatzeko egin zituen zenbait saiakerari ezetz esan zioten eta punk borrokalaria argitaratzen zuten diskoetxeetan atera zituzten beti diskoak (Wiija, Kill Rock Stars, Gravity). Eta onena dena: gaztetxoen iraultzarako bonba sonikoak konposatu zituzten (girl/boy revolution zen haien leloa); "Her Jazz" izan zen guztietan onena, riot himno nagusia, Bikini Kill-en "Rebel Girl"ekin batera.


HUGGY BEAR. “TAKING THE ROUGH WITH THE SMOOCH” (Wiija, 1993).




“Taking the rough with the smooch” no es un disco.

No.

Que no te engañe su forma circular.

Ni que se pueda adquirir en sitios donde se venden discos de verdad.

No.

“Taking the rough with the smooch” está ahí camuflado entre montones de semejantes que no se atreven ni a mirarle de reojo conscientes de que les puede caer una hostia tremenda en cualquier momento.

Porque “Taking the rough with the smooch” es una bomba.

Es una bomba de 50 megatones con una onda expansiva que abre cerebros como si fueran latas de conservas.

Es un ataque sulfúrico y brutal al patriarcado y al sistema asesino.

Es una colisión a 250 kilómetros por hora con el repulsivo cadáver viviente del punk blando y apolítico.


Es una llamada orgullosa a la revolución aquí y ahora.


Alguien dijo que el primer disco de The Clash era el sonido de la gente joven descubriendo su propio poder.


Ni de broma.

No.

Esa frase le corresponde a “Taking the rough with the smooch”, no a esas estrellas del rock disfrazadas de punks.


¿Qué?


¿Cómo dices?
¿Que a qué suena el disco?
Te lo acabo de decir.
“Taking the rough with the smooch” no es un disco.
GIRL/BOY REVOLUTION.



[Precioso póster e poema, Jose afeitaperros, bolboreta by me!]

luns, 28 de xuño de 2010

Amor e desamor

Lois PEREIRO será homenaxeado nas letras do vindeiro ano! felicidade! é un dos meus escritores favoritos dende a universidade, anos nos que toda a miña panda o líamos e relíamos con fervor...
Deíxovos unha fermosísima imaxe do grupo AMOR e DESAMOR e o epitafio poético do fermoso Lois P.!



Cuspídeme enriba cando pasedes

por diante do lugar no que eu repouse

enviándome unha húmida mensaxe

de vida e de furia necesaria

venres, 25 de xuño de 2010

O noso jazz (Humor vítreo)



Chocolaticas punk para bailar o sábado que vén en Gernika, Humor vítreo xa estamos a preparar a maletiña!

mércores, 23 de xuño de 2010

Tamén expresas dureza (Manuel Pereira Valcárcel)


 Cómo amarnos
se os xornais
chorrean sangue,
as estradas carrexan
cadaleitos de chatarra
e hai un asasino
detrás de cada idea.



Manuel PEREIRA VALCÁRCEL, Poemas de cinza, Edición de autor, 1990.

[Fotiño: último resorte xogando ó amor!]

luns, 21 de xuño de 2010

Benvido verán!

Onte dinlle a ler á miña irmá o conto da medusa de Bénédicte Martin e escachou de risa silenciosa... recomendada queda o seu Warm up, ideal para o calor do verán, ideal para sentir a area, a herba nos pés, os tacos enriba do after sun, o sal prendido no anel entre as dedas... e para as que lles molesta o sol, para os que se derreten... este feitiño parasol! jeje...


"[...] La bahía estaba todavía desierta así que alegremente me desnudaba.
Bajo el agua, en busca de alguna anémona de mar, chapoteaba con las piernas bien abiertas. Anchos rayos de sol atravesaban el agua blanca y cálida. A pocos metros por debajo del nivel del mar, me encantaba mirar el cielo, aparecían prismas. Había unas caracolas grandes y de color pardo reposando entre las algas danzantes que se parecían a las lionesas de la pastelera. Perdidas entre los erizos, aparecían las bonitas anémonas de mar. Blancas, emplumadas, fantasmas agrupados en ramilletes, tendían sus tentáculos lechosos que se enrojecían en los extremos. Haciendo un gesto acuático con la mano, hacía que se agitasen para mi deleite.
Cada día cuando iba a bucear, una medusa fluorescente me seguía. Siempre era la misma, una pequeña de color azul con tentáculos oleosos. Era muy hermosa, con sus filamentos flotando como un velo de novia de encaje desgarrado. Era hermosa pero era también un coñazo ya que, aunque me hacía compañía, también me daba un poco de miedo. Una vez un banco de peces minúsculos y rayados pasó entre mis piernas y me asustó ligeramente. Retomé aliento y me serené subiendo a la superficie para después volver a sumergirme hacia el fondo [...]" >>> continuará...


 Foto 1:siii, non é un paraugas! (atención á cor!); foto 2: a autora]

martes, 15 de xuño de 2010

O fume (Dores Tembrás)


"Quero ler o silencio, escribilo, non como ausencia de palabra, senón como presencia de silencio."



                                                                        DORES TEMBRÁS [nunha conversa con Lupe Gómez].

Clara de lúa ("La irrealidad nuestra")



Xa teño nas miñas mans a bonita edición dos poemas de CLARA DÁVILA MATEO La irrealidad nuestra! Tiven a sorte de pasar polo Bukowski aquel sábado do concerto de PRISMA EN LLAMAS, e escoitar esa voz absolutamente adolescente. Quedei prendada duns poemas que me falan ó ouvido, como os de Lupe Gómez, como os que me traduce atropeladamente unha amiga euscalduna para que entenda a súa prosa poética nesa fermosísima lingua da que non capto nada. Nada máis que as sibilantes e os golpes de música que me abren cada poro, esa preciosísma lingua resistente que xa sei que aprenderei algún día.
Así sona a voz i rr e a l, proposta ficticia desta loitadora (como a chama F. Cenamor ó que debo agradecer o convite ao recital, que por certo tamén era del, pero a iso prefiro adicarlle outra entradiña) que é Clara.




Frágil

Un espejo para cercionarte
de tu verdad.
A mí no me hacen falta,
tus dedos en mi pelo
me la dibujan en la cara.


Mar

Soy una herida sin orillas,
cumplo mi pacto y construyo mi pena
dejando un silencio fluorescente.
Pero tu pena es siempre más grande,
más pétrea, y mi hombro está desierto.


Trece versos

De poco me sirve
meter las manos
en los bolsillos.
Ni esperar
que los días
se conviertan
en semanas.
No entienden
que para evitar
tal obsesión
debo guardar todo
aquello que deje huella
y esconderme bajo mi cama.

Libertades

La escritura es pura magia.
Eres libre a pesar de tu condena a muerte.
Capaz de desnudar sin rozar la piel.
De hacerte sonreír, aunque tus ojos lloren.


***
ISBN 13: 978-84-937379-0-0
Título: La irrealidad nuestra

Autor/es: Dávila Mateo, Clara
Lengua de publicación: Castellano
Edición: 1ª ed., 2ª imp.
Fecha Edición: 08/2009
Fecha Impresión: 12/2009
Publicación: Puente de Letras Editores
Descripción: 36 p. il. 23×12 cm
Encuadernación: rúst.
Colección: Arbersos,3
Materia/s: 821.134.2-1 – Literatura española. Poesía.
Precio: 10,00 Euros
***


[Un plus dalle ó libriño a fermosa portada (signatura de ABACO) e as sorpresas debuxadas por dentro, nas páxinas!]

Semana da poesía "Esan lei" (Gernika, Febrero 2010)

Por fin subo o foto-recordo do meu paso por Gernika. Aquí, dúas fotiños coa miña traductora Leire López. Eu recitaba en galego e ela despois traducíame ó euscaro, e ata un poema que o pedía recitámolo superpoñendo a voz dunha á voz da outra, ben divertido. Foi unha experiencia ben chula. Xa teño ganas de voltar aló.



[...da expo de collages no Gaztexe non teño fotiños...]
[Grazas a Amaia Jaureguizar e a I. e a J fotógrafo, foron xeniais tódolos proxectos que coñecimos e cos que trocamos impresións e fanzines!]

Á tarde non ardiamos soas... ("Xoguetes póstumos" na Coruña)


Podedes imaxinar como o pasamos na A. C. Alexandre Bóveda. Emma co seu poderoso texto, belísimo, e absolutamente entregada a el; Teresa e Eva -cada unha co seu estilo e referencias intertextuais- fixeron verdadeiros poemas falado do libro dela; e eu... eu contei como xurdiu a colaboración e que supuxo para min ilustrar un texto coma este e un texto alleo por primeira vez... tamén puiden proxectar e expoñer os collages orixinais. Despois a autora e máis eu agasallamos ós asistentes cun anticipo do noso novo proxecto xuntas!


[Grazas dende a polpA ás miñas marabillosas compañeiras e a Barca e a toda a asociación.]

luns, 14 de xuño de 2010

Poros escuros (C-utter na terra de orixe)


C-utter el lado oscuro from La film Video Magazine on Vimeo.


As benqueridas c-utter nos fan chegar este recordo da súa minixira ibérica do pasado ano! Mordor tivo a sorte de telas por aquí e de paso coñecer á magnífica MARIBEL VILLALTA que tanto poder aporta ao meu grupo favorito da ibérica e polémica península. Avisad@s quedades!

Con garfo e coitelo (Eider Rodríguez)

Despois de Carne (Haragia) , que me deixou alucinada, esta fin de semana viaxou comigo Cuatro cicatrices/Eta handik gutxira gaur -edición bilingüe de atenea para estudiantes de euskera-.
As catro feridiñas que tentan curar foron extraídas de entre dezaseis do volume de contos Y poco después ahora (o que non me queda claro e cando saíu en euskera nin como se chama...) de EIDER RODRÍGUEZ... Unha voz magnífica, crítica pero pausada, de ollos abertos e ritmo intelixente, sempre sorprendente e sempre cós pes na terra de forma auténtica, isto é soñando esperta.

Aquí podedes ler un dos relatos do libro. E aquí máis en varias linguas.  


*Carne, 451 Editores, 2009.

Saber para que serve o vermello do sangue e o prohibido...

Sopa de poetes entrevistou á interesante ISABEL PÉREZ MONTALBÁN, unha pasada poder desfrutar dos seus segredos (pégalle un montón o que calza na casa, je!)...
Xa me vedes lápis en man anotando bibliografía que vai saíndo na horiña -marabillosa-de entrevista! Grazas soperos!



Compromiso


_____Compañera, desierto de mi culpa:

Tampoco existe a quien rezar en la isla.

No venden libros, páginas diáfanas

que eviten la memoria, ni dioses que temer

cuando arrecia el deseo.



De nuevo has de enseñarme aquella vida

que dejé, con paciencia de maestra:

un paisaje de lunas tan distintas

o el difícil mercado y sus valores.

Hay que ordenar mi archivo de costumbres.

Saber para qué sirven los pigmentos:

el blanco de hospital,

el rojo de la sangre y lo prohibido,

azul es la cartelería

de la derecha en elecciones,

azul de las carpetas policiales.

Y verde es paso libre.



Seré tu alumno más aventajado.

Aprenderé deprisa y sin llorar

todas las cicatrices de los fósiles.



(De Cartas de amor de un comunista, Germanía, Valencia, 1999)

*


La herencia



El frío inconsolable de los pobres.

No basta la abundancia para arropar el frío

que se hereda en los genes y nace del escombro.

No hay leña que derrita tanta nieve embrionaria.

Se encienden chimeneas. Con la lana se teje un sol,

un armario de soles, un paño de artificio.

Se adquieren edredones como un nido de pájaros.

Y el frío, por debajo, permanece.

De la médula vuelve la trastienda del hielo

a cubrirme los ojos como sangre reseca.



Ya todo es negritud, glaciar y sangre.

Por mis venas se espesa la eutanasia de un río,

el brutal abandono de la mano paterna,

los hermanos perdidos en la prisa de un puente.

La enfermedad congénita me vigila larvada,

se burla de mi huida cuando cambio de nombre

y usurpo los derechos de otra vida.

Ya todo es cicatriz, hospital y alacranes.



Se conquistan los barrios, la blancura

de las liendres y el suero. Se aprende la costumbre.

Se accede a la oficina, al ropaje, a la fiebre,

al calor esponjoso de los cuerpos.

Y el frío, sin embargo, permanece.



(De Los muertos nómadas, Diputación de Soria, 2001)

[Fotos: IPM e lyrics de Rebel girl! ]

Verbas que nos premian (Iolanda Zúñiga)


Como será o libro de Iolanda Zúñiga non o sei, pero o texto de grazas recibindo o premio XERAIS é fermoso do poderoso e esperanzador que é! Iolanda non deixa nin un recuncho por varrer... aquí vola deixo, a desfrutar!


[Fotiño: os domingos dame por ir a Tirso!]

xoves, 10 de xuño de 2010

Xogando na torre


Mañá voo á terra a participar na presentación ( a segunda, se non contamos a noite que lle deron o Premio Illas Sisargas) do libro de Emma Pedreira XOGUETES PÓSTUMOS.
É unha gozada poder ir aló, un luxo poder proxectar os collages, amosar algún, e algunha sorpresa máis. Un luxo estar compartindo festa con lectoras/es e familia, con descoñecidas/os fermosas/os, con Teresa Seara, Eva Veiga e a propia e xenerosísima Emma.

Aló vou, vémonos!



Este venres día 11, ás 20:00 na Asociación Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18), preséntase Xoguetes póstumos, de Enma Pedreira, libro gañador do III Premio de Poesía Illas Sisargas. Ademais da autora participarán Ana Cibeira, Eva Veiga e Teresa Seara.

AELG

martes, 8 de xuño de 2010

Arma branca (Unha homenaxe a AFEITE AL PERRO)

"afeite al perro es un sello que ha conseguido que mucha gente lo siga sin renunciar a nada de lo que le gusta (...) "¿pero no lo lleva un punki de 18 años ?" (...) "Ah!!! yo pensaba que era un chaval con cresta...!" VICTOR... seguir lendo>>>
Fai días escribín esta reseñiña-homenaxe que subo agora. Para ilustrar este convite á lectura deixo unha foto do local de ensaio de HUMOR VÍTREO, o meu grupo co afeitaperros J., e o último sprayeo do selo: o release de BIKO+ATOMIZADOR+IBON R.G. A desfrutar!

xoves, 3 de xuño de 2010

Querida Anne, grazas!

Fai moitos anos que convivo coas artistas que a fantástica ANNE KELLY revela ó mundo!
Helena Kvarnström é unha das primeiras que estivo aí; o novo traballo da verdadeira miss violence, é para enchouparse del.
Desfrutádeo!



[A foto é Anne neste 2010!]

Bela, bela, bela!

GRRRL FORCE!

hey, chega o anuncio de que por fin n xullo ladyfest force volverá con concertosssssssssss!!!!
e para celebralo e achegalo este vidieciño sobre o ladyfest SUR de fai uns aniños, roubado á teclista máis moderna de Mordor!


Ladyfest Sur #0 from teclista on Vimeo.

Marta, antes eras moito máis punk! "porque nos mola y nos da la ganaaaaaaaaaaaaa", jajajaja!!!