martes, 9 de novembro de 2010

Pónteme poética

ESTA FIN DE SEMANA QUE VÉN SERÁ POÉTICA. OS RAPACES E PARAZAS DE A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR e outras con afinidade ó proxecto, ESTAREMOS EN COMPOSTELA, presentando o libriño colectivo que sacamos á luz este Setembro!


PRESENTACIÓN
"Sétimo andar, poesía alén"
Libraría Couceiro
(Praza de Cervantes, Compostela)
12.30, sábado 13 Novembro 2010.







E á mesma hora en Pontevedra amigas poetas estarán a cruzar a ponte das linguas cos peciños da poesía... aquí vos deixo o saboroso programa!!!
Ponte-Poética
Festival de Poesía das Linguas do Estado




A literatura actual de todo o Estado español reúnese en Pontevedra, unha cidade de longas raíces literarias e cunha extensa tradición poética, para ofrecer, nun encontro anual, a mellor poesía escrita en galego, castelán, catalán e éuscaro a todos os amantes do xénero que queiran achegarse a escoitalo na voz dos seus propios autores. Comeza Ponte-Poética.

En pleno outono, 12 e 13 de novembro, os poetas galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás, Ada Salas e Elena Medel; os cataláns, David Castillo e Josep Pedrals, e as poetas vascas, Miren Agur Meabe e Leire Bilbao, participarán nun completo programa de recitais, en distintos espazos da cidade, abertos e gratuítos a todo o público interesado. Pontevedra convértese, deste xeito, durante dous días, en principal referencia poética de Galicia.

Organización: Ateneo de Pontevedra.
Dirección do Festival: Yolanda Castaño.
Coordinación: Xaime Toxo, Antón Sobral e Carlos Fontes.
Patrocinio: Concello de Pontevedra – Concellería de Cultura; Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo; Deputación Provincial de Pontevedra, e Caixanova.

Programación
Venres 12 de novembro

18:30 Salón Nobre da Deputacion de Pontevedra. Sesión inaugural.
- David Castillo
- Román Raña
- Ada Salas

20:00 Salón Nobre da Deputación de Pontevedra.
- Miren Agur Meabe
- Josep Pedrals
- Manuel Forcadela

Sábado 13 de novembro

12:30 Teatro Principal de Pontevedra.
- Leire Bilbao
- Elena Medel
- María Lado e Lucía Aldao

18:00 Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura do Festival Ponte-Poética.

Ningún comentario:

Publicar un comentario