venres, 29 de abril de 2011

Novo lugar para o concerto



Xa hai local para celebrar a festa de mañá!!! concertazo!!!

Sábado 30 de abril en la Taberna Alabanda, calle Miguel Servet 15 (metro Lavapiés), 21:30,
4 euros:
C-utter: anarconoise feminista desde bcn/cádiz recién llegados de gira argentochilena.
Atomizador: pop salvaje y ukelelecore desde madrid.
Scumearth: ruido electrónico hi-tech desde madrid.

¡¡¡¡¡DIFUNDE!!!!!


[foto: frosk.org]

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡!!!!!!!!!!!!!!!!

Aviso!!!
o concerto de mañá
scumearth
c-utter
atomizador
non será no lullaby.
axiña avisaremos onde...

A info de afeite al perro, que organiza aquí, e as actualizacións aquí.


xoves, 28 de abril de 2011

Será punXX ou non será



Por que nos gusta tanto o punk, por que sendo clase media (onde antes diría alta, agora digo baixa -sen que nada teña cambiado, só que abrimos os ollos á realidade) precisamos esa actitude, por que como artistas -que se políticas, pero artistas e non activistas, á fin- non calamos e desfrutamos do que hai?
non é un quero pero non podo, non é un estar ó outro lado na outra beira, é que non cremos ou mellor vou falar en primeira persoa, é que non creo no valor do Nome per se. Creo na Poly a se cepillar os dentes, creo no camiño, no proceso, nas viaxes, creo nos lazos reais, creo nas voces subxectivas, creo no día a día, creo nos bicos na pel -os que nos damos na aperta despois de tanto tempo sen vernos, e os que despois do día anterior despedirnos de madrugada caen no pescozo tamén- creo no intercambio, creo no uso dos medios comerciais e tamén aposto polos propios proxectos, creo no patearnos as rúas á saída do traballo, no replantexamento do Esquema, no cambiar de email cando a bandexa de entrada rechea de publicidade apela á virxindade real dunha casta que aínda habita a nosa realidade as nosas identidades, fukkk!, creo no software libre como unha cega conversa, creo nas radios libres, creo na valente xente activista e coñezo os seus pontos fracos tamén, creo no feminismo que se pode asimilar de A. Valcárcel e sobre todo creo na revolución futura das que xa o viven como presente: as medeak, beirarruistas, e cadelas agresivas en particular, creo sobre todo nelas, non porque estea en todo con elas ou me sexa operativísimo para min, senón porque admiro esa capacidade de ter dado no cravo e de arriscar a gañar -xa que non hai nada máis que perder- como dí I. Ziga. Creo no día a día como as nenas cren nalgo santo que diría Lupe, e por iso, por iso e non por unha celebración ó ano, é polo que nos atopamos sempre nas rúas, teatros ou nas casas con cravos nos petos e moita rabia.




Adeus, Poly Styrene!

Linguas fóra!


nova convocatoria para sacarlles a lingua!


[a fotiño roubeina dalgures...]

mércores, 27 de abril de 2011

Baixo o asfalto está a música

Na miña panda gústanos dicir subterráneo e non underground. Under-ground pode xa non significar baixo terra senón definirse por negación: o que non está na superficie que irremediábelmente nos leva a pensar no coñecido, recoñecido ou de masas.
Seica o punk morreu fai moito, de recén nacido, cando os Clash ficharon coa CBS, unha major, un grupo político nunha desas? así foi. Informou da súa morte o fanzine Sniffin' Glue. Pois ben, morto o punk, reinventada a actitude (dende o seu núcleo duro ou hardcore) polos americanos e nunca abandonada por Crass, o mundo foi dando voltas ata chegar a un escenario de asfalto onde aínda se manteñen e son operativos os manifestos e xeito de facelo todo unha mesma! Así, celebro o explícito manifesto afeitealperro, celebro o concerto deste sábado (C-utter, Scumearth e Atomizador: ao loro- ruido/noise/ e pop radical) e o programa de mañá de Pasión por el ruido, no que poderedes escoitar a marabillosa versión c-utteriana de "Avilés industrial" (as cutter berrando punk!) e moito máis... radiando, radiando>>>>>>>>>

Logo non choredes por perdelo, que avisadísimas estades! o sábado será unha celebración ben esperada, algo lonxe do centro da cidade, pero divertida e de calidade!

MANIFIESTO

1. Afeite Al Perro es básicamente una plataforma de autoedición, aunque a veces colabora con gente afín.

2. Todo el material de Atomizador y HAZ es anticopyright por defecto.

3. Afeite Al Perro practica el Hazlo Tú Mism@ anticomercial.

4. Afeite Al Perro defiende la apropiación y uso de la palabra “arte” en su acepción más pura y primitiva.

5. En Afeite Al Perro no hay normas formales, ¡rompe el dogma!

6. Toda actividad realizada en Afeite Al Perro tiene muy presente que la música y el arte pueden cambiar vidas.

 


[Fotos: K Bikinikill e Paul Pistol chiscando un ollo futuro á queer experimentación dos corpos]

martes, 26 de abril de 2011

SoS







[Fotos: ac]

El pecado

El pecado nacía
como de negra nieve
y plumas misteriosas que apagaban
el rechinar sombrío
de la ocasión y del lugar.

Goteaba exprimido
con un jadeo triste
en la pared del arrepentimiento,
entre turbias caricias
de homosexualidad o de perdón.

El pecado era el único
objeto de la vida.

Tutor inocuo de ojerosas manos
y adolescentes húmedos colgando
en el desván de la memoria muerta.



JOSE ÁNGEL VALENTE


[Fotos: ac]

"Visión viva de la vida de las calles de Madrid", do meu corazón




Banda sonora dos últimos latexos. E tamén desta magnífica película: Deprisa, deprisa!

domingo, 24 de abril de 2011

Á rúa






[Pepperminta e Edna facendo falcatruadas polo mundo!]

Laboratorio dos soños

Seica non é un luxo achegarse e entrar nos estudios das artistas? persoalmente teño fascinación polos escritorios tamén, e aínda polas fotos da xente escribindo -cando parece que aí non está a pasar moito, un mundo está a xestarse tremendo por dentro... -, pero por suposto os coridos laboratorios da arte, son unha debilidade para toda creadora...
Tiven a sorte estes días non só de ir visitar ás amigas e amigos á súa casiña, senón de ver as cociñas da creación. Xenialísimo. Non me atrevín a facer fotos, claro, pero levo todo gravado na retina (ateigada de inspiración e admiración).


 B.F. e N.U.

Anarquistas


O meu poema favorito un ano despois, xa na universidade; "Ámame anarquista" que eu lin no volume Vulva, unha compilación dos primeiros libros de Claudio RODRÍGUEZ FER: Tigres de ternura,1981; Historia da lúa, 1984; A boca violeta,1987; e Cebra, 1991; con ilustracións de Carmen Blanco,

i que sabía de memoria. hei de repasalo!

Non me vai afectar


 la me olvidarás sin problemas,
en cuanto no te haga gracia, sí.

venres, 22 de abril de 2011

ata os 70

Loca

La noche, que es siempre ambigua,
te enfurece -color
de ginebra mala, son
tus ojos unas bichas. 

Yo sé que vas a romper
en insultos y en lágrimas
histéricas. En la cama,
luego, te calmaré 

con besos que me da pena
dártelos. Y al dormir
te apretarás contra mí
como una perra enferma.



JAIME GIL DE BIEDMA 



O meu poema favorito dos 17. M, fuzz e dúbidas. Indomábel e JGB, sempre!

Criticalia da tinta, do rouge, do sangue


Mestiza

Dende as páxinas de Pintalabios Ana Cibeira reivindícase dúplice, híbrida e mestiza. Sobre dela “a tormenta de ser dúas:/ galega ou latina?/ da cámara ou da pluma?”.
Mais hai moitas outras fías neste tecido poroso e elástico que ganduxan os seus versos: a erótica do bico mordido, do beixo cinematográfico e a espada que fende o sexo dunha cincenta en chamas, serea punk que engulipa, devecida, os gochos velenarios do amante mariño. E tamén, xaora, a memoria solidaria coa traxedia cotiá que afoga os desfavorecidos, sexan estes tristes “espaldas mojadas” ou calquera outros oprimidos.
Ofidia, convulsa e inconformista, a Ana Cibeira de Pintalabios exhíbese “flor rara” dende os suxestivos collages que acompañan uns poemas nos que veste “nada lírica, seca de lama”, rompendo “a pel baixo terra”.

 ARMANDO REQUEIXO



Primeira reseña que atopo de Pintalabios, xenial!!! 

[unha fotiño miña da época labial!]

Desorde, primeiros acordes


moi preto do "pico sacro" naceu este enorrme arco da vella, logo foron dous. Da terra ao outro lado dela. 
Unha marabilla. A terriña, que sempre ten destas sorpresas...

mércores, 20 de abril de 2011

"Mecida en un columpio de fiebre"

que me dan ganas de echarme a perder, a llorar
para perder, para ahogar durante un momento
a mi cerebro y corazón.



*



espero encontrarme con usted como una tonta imagino
que eres una bala y eres los manifestantes y me visto 



*


cómo debo recordarte
sin cometer mutilación o suavidad;
y que la respuesta
sea la respuesta
a todos los poemas que produce el tiempo
cuando quema.


*

diminuto dado de cristal manzana roja


*


(respiro muy deprisa, mi cuerpo ígneo me molesta)
casi no puedo soportar
la extrema belleza de la imagen nocturna


*

(y dudar es razonable porque el azar es una idea
que mete sus pequeños-dedos-pálidos en la llaga:
nos hunde, nos reduce, niega a Sartre y espolea
oh ahora eres una esclava del margen de error nocturno
y de la probabilidad de los viernes
en un baño ajeno)


*

Sonrójate
y vete.


*

VERSOS DE LUME  de B.G. Faet en Introducción a todo (La bella varsovia, 2011). Viaxe febril no avión. 55 minutos de puro pracer, medo, delirio.

martes, 19 de abril de 2011

luns, 18 de abril de 2011

Mixtape

1.

Para a serea e a teclista,


a salvaxe.

No ceo, na cama o sangue


Lecturiñas para a viaxe e as chinchetas da Faet!

As miñas favoritas regresan a Madrid


Bajo el underground...Afeite Al Perro presenta:
Sábado 30 de abril a las 21:30 en Lullaby (calle San Graciano 7, metro Legazpi/Usera) por 7 euros (con consumición):
C-utter: Anarconoise feminista desde Barcelona.
Atomizador : Pop salvaxe y uekelelecore.
Scumearth: Noise biomecanoide.
(¡Se agradece la difusión de este concierto!).



IIIIIIIIhaaaaaaaaa,  aló estaremos,  felices!!! punxx!





Han habido dos metamorfosis: su vestido blanco, ahora es rojo y donde hubo una muchacha hay un cadáver.

ALEJANDRA PIZARNIK





Para xa!

, para de odiarte.



[foto ladyfest sur]

Fervenza Fin de Semana




domingo, 17 de abril de 2011

Doce e confusa / Sangrada e letal




Haber, hai


Hai unha serpe na miña bota

M de Moito



Protéxeme de ti*


(despois desta semana dura, punto de partida de ver as cousas detrás dun cristal estalado a martelazos de realidade...) volta a min mesma, á felicidade cotiá, ó entusiasmo de deixar a obriga que nos permite comer -fukkk!-, ós miles de plans que se nos agolpan ó final do día, volta a min mesma grazas a dúas voces amigas -quen dí elas dí dous biquiños, catro peciños e aí un primeirísimo plano das vinte dedas como vinte gotas de sangue- si, dame exactamente igual que as coñeza fai días, dame exactamente igual que nos atropelaran os contos para ubicarnos as unhas ás outras -eu quero/ eu fixen/ ah ise proxecto sí o coñecía/ oh! ti tamén es lusista/ eich?- deunos exactamente igual non térmonos visto o naris nunca antes e deixamos que o lazo, que o noso pelo de pantera se revirase de punta ó estarmos preto... e iso que eu caín cansa antes de tempo co meu medo paseniño que xa aprendín a controlar descontrolado, pero non por iso me permite non caer, non por iso me permite baixar o escudo do cansanzo, ese que me protexe de perdelas tal e como as atopei: nesta burbulla perfecta onde unha belísima canción é o que sinto, e elas me cegan cal anémonas pedalexando baixo a superficie contra o sol que xa se pon...


*plural líquido

venres, 15 de abril de 2011

Sentimento vampiro ou a noite nos confunde

...esta semana volvín sentirme como en Granada. Tanto que nos rimos do abraio dalgunhas amigas doutra xeración ante os bigotes esborranchados e os naturais, tanto que flipamos con aquela proeza da natureza feita carne, tanto que desexamos ter 19 e o pelo rapado sobre as orellas e vestir un negro tutú naquel salón de actos ateigado de política, ateigado de amor, ateigado de ruído sobre as miñas orelliñas trintañeiras... si, esta semana como aquela fin de volvín sentirme pequena, un ser diminuto, como se a máis anos me alonxara máis da miña orixe tola, como se a miña chama fixera só de misto nun enorme campo da feira no solpor, cando os carros xa marcharon e só ule ó meu sangue fóra do corpo, aínda me estás a chuchar e xa te fuches, cando o sol se pon e só sinto calor. e sinto o calor da metamorfose.


Batom

batom (à)
(francês bâton)
s. m.
Cosmet. Produto cosmético que se aplica nos lábios para lhes dar cor ou brilho.


É máis fácil amar a nosa lingua, o noso, dende fóra. Isto comprobeino esta fin de semana. É máis fácil ser lusista sendo do Sul da península. Se entras por outra fronteira provincia, por outra porta vai ser complicado: nunca nunca abras a diminuta porta que leva ó camiño de baldosas turquesas, esa nunca abras, porque a túa mirada cambiará para sempre e non poderás máis que mirarte dende fóra, sendo ti por dentro.

mércores, 13 de abril de 2011

Lady A.



Por fin  vou poder ler este libro sobre as riots cuxo título (convertido en berro!) me deu a fama nalgúns ladycírculos! en fin... coa cara colorada vou rematar a miña lecturiña para comezar con esta... jijiji!






 [Fotos roubadas, incluída a de Perra Vieja, ejem!]

Trans sempre!

Xa existe un dossier daquelas xornadas, magníficas, Translitterarias, que xuntou a unha morea de creadores arredor da poesía fóra do papel. O texto ampliou horizontes, oteando albiscando ao lonxe o seu futuro, o seu intrépido presente, e moitas sacamos da casa a nosa poesía visual -que proxectamos nas pantallas-, outras percorreron a lírica coa súa voz, como cando a poesía estaba no berce e a falta dunha reproducción automática facía que a memoria fose a canción que a levaba consigo a tódolos corazóns, si...
 Rafa Xaneiro, escuro neno das nosas filas, pero sempre presente, argallou este inmenso acontecemento que uniu provincias e cidades, artistas e públicos, foráneos con desprazados, consagradas con novas na materia...  e tamén disciplinas que si estaban casadas, con outras que seica se coñeceron onte á noite... jeje.

Aquí vos deixo a ligazón na que podedes ver o video dossier e ata descargalo!
uipi!!!



[Foto: mosaico de Transgeneración 1.0, argallada por César González (fotografía), Sofía Rhei e Ignacio Vleming (concepto), Elena Medel, Alejandra Vanessa e María Eloy (organización poética) e Izaskun Gracia, Jahel Virallonga, Yolanda Castaño, Julieta Valero, Carmen López, Miriam Reyes e máis eu -xunto a Sofía, María, Ale e Elena- (versos, modelaxe e travestimento)]



AVISO A TRIPULANTES: Translittera e Transgeneración só teñen en común o seu afán de rachar os xéneros, unha os formais ou estéticos e outra os físicos ou éticos; unha se celebrou no 2005 en Compostela e a outra no 2007 en Málaga.
Nesta última nos travestíamos dos nosos poetas favoritos: Exupery, Ramón Gómez de la Serna, Wilde, Cocteau, Rimbaud, Cernuda, Byron, Poe, Valle-Inclán, Camus e Lorca. Adiviñade quen é quen!

martes, 12 de abril de 2011

Non desaloxarán os nosos soños*


Algunhas escribimos para que non nos escriban
PATRICIO PRON



Cando eu cheguei ás Atochas, era Nadal, era Martes e facía frío. Algo chovía, ou non, pero os nosos corazóns estaban avisados: a orde de desaloxo era real, estaba asinada e esta era a súa última semana de vida. As poucas persoas que nos achegamos a escoitar a Atomizador e a Esperit aquel día vivimos unha experiencia única: o son -ó menos para min, logo alguén me dixo que para outras persoas non- era o mellor dos directos (madrileños) ós que estou afeita; as paredes rezaban lendas de polo que aló pasara, os anxos baixaron do ceo en forma de coros verdadeiramente punks-psicóticos-tropicais-antipódicos**, a autenticidade fíxose carne con forma de monte catalán, de guitarreos alados, de recordos de forza... si, e todo isto foi aló, nesas catro paredes onde a xente ceaba, bebía e xogaba día tras día durante anos.
Acondicionar un local, colaborar hora tras hora, facerse con material -equipo de son, etc etc etc- ir á compra, deseñar os cartéis, lanzar a nova ó mundo, acoller a todo o mundo que se esforce nun ha proposta, levar a difusión no real e na rede, tecer lazos, reunirse horas nas asambleas, namorarse, pelexar, volver comezar, vivir a noite máis bela do mundo, desexar non ter comezado o proxecto... seguramente todo isto pasou polas atochas dende o primeiro día en que casas abandonadas polo calor humano, se convertiron noutro tipo de niño para a cultura (que nos preocupa). Siiii, e dende aquí e vía teclista (graaaaaaaaaaazas, grrrl!) déixovos este dooroso video que xa marca unha era.

O final das Atochas. from http://vimeo.com/enimaxes on Vimeo.


Que barbaridade, facía falta rachar fiestras e xaneliñas? je ne comprends pas!
Encántame que a flor pintada perviva, que non se enteiren dela, igual que Lois. Por iso a tinta, por iso a arte.








*Lema da saba colgada durante o desaloxo
** Ramiro (Vidal Alvarinho) dixit, e que ben dixo...



[Fotiños e video miñas]

Madrid intervención



A boca necesaria. (Auto)poética I




Y no es que los poemas hablen sobre la lengua, sino con la lengua

Madrid la nuit!


Os mozos da Porta (Alfonso, Miguel Ángel, Alberte e Ramiro) representando tamén a Rosa Enríquez, María N. Soutelo, Alba Méndez e Manolo Pipas e eu mesma en Madrid o día despois do fermoso recital presentación do Sétimo andar, poesía alén.



As xenerosas Pili Mera e Marga Vázquez (lendo) do Grupo Bilbao (poetas galegos en Madrid) que quixeron convidarnos á súa palabra no noso recital!



Ambientazo na librería-café!


Grazas de novo á Marabunta que nos acolleu, nos aplaudiu, nos convidou, nos deu de beber e nos deixou ganas de máis!