mércores, 30 de novembro de 2011

Afiade a folla, para eles ou para vós outras

Estamos moi lonxe de ser unha sociedade que vive no século que lle corresponde, e non me refiro a estes dous mil aniños, senón a moito máis. Estamos tremendamente lonxe, a eones de sermos respetados no universo, de que xs nosxs avanzados veciños teñan ganas de nos estreitar a man. E para celebralo, algúns confirman, reafirman e asinan todo o que de pasado ( de tempo, de moda, de recocemento) ten o circo, a sociedade  do espectáculo.
Xa poden estar contentas as personiñas que din "eles", "eses", para referirse a gustos e atraccións, disidencias  desviacións. Tamén  todxs os que me rodean que sen ser deste gremio retorto e enfermo de paixón polo eterno retorno, que manexa o cotarro (e aos que amosa o botón),  teñen medo dunha liberdade coa que soñamos moitxs (de idea, porque nin preto estamos de saber dela, tanta mugre nos enchoupa e pesa nos pés). A todxs elxs quérolles adicar estes pasiños do principio da fin.
Adiantar non adiantaremos, pero eu quero que todxs, xs que pensades que nin tanto vai pasar nestes lustros que se nos veñen enriba, que degustedes os acontecementos diarios relativos á perda de traballo (público), de saúde e educación para todxs, de estigmatización das diferencias: primeiro comezan por istes (infraseres) e logo irán a por vosoutrAs. Quero que saboreedes cada un dos pasos atrás como descoridos caramelos que van perdendo a forma -o sabor desapareceu na primeira chupada-  e xa só pican os vosos, ansiosos dentes... E quero ver tamén con medio-sorriso torto, cómo caries tras caries, denteira tras denteira, unha bágoa inservíbel vos fai lembrar cómo un día albiscamos o xuntas e o podo, que se esvaecen brillantes de cuspe coma un terrón de azucre sendo libado por estes acreedores da Historia que vos (indi)xestionan per secula seculorum o alimento, a saúde, o amor e o odio.


[i eu? eu non existo, meus! deixei este planeta]




[collage: autorretrato nun intre da miña fuxida cunha oankali ooloi]

martes, 29 de novembro de 2011

domingo, 27 de novembro de 2011

Quen seremos as radicais?



O xornalismo de hoxe en día nin explica feitos, motivos nin causas. A nova son declaracións sobre algo que se sospeita. De mano dura nada, queridxs, d i c t a d u r a. 
Seica co lío que teñen na cebeza sobre a necesidade de estar na casa cando non se está mercando, esquecen que tamén se pode conspirar nas casas. Que poñan outra excusa (legal) para pechar bares e asociacións. 
Miña nai, qué medo!
Menos mal que as criminais futuras quixeron adicar o domingo ao empoderamento! 
Boa semaniña!

El regidor condenó los incidentes y aseguró que "no le temblará la mano" a la hora de emplear "todos los resquicios legales" para "cerrar" aquellos locales de la ciudad en los que "se produce la gestación" de acciones de "guerrilla urbana".Conde Roa aseguró que tienen localizados varios establecimientos en los que "este tipo de gente se dedica a preparar esta clase de acciones".
[Fotos: capa do single de Chin Chin, don't wanna be prisoners; e akelarre o 25 en ópera by fotogracción]

xoves, 24 de novembro de 2011

 As criminais futuras queren buscar fórmlas, pócemas para nos empoderar. Eu sego a algunhas artistas para isto mesmo. Aquí os belos desexos da nanou un día calquera...


u
learn at least 3 Japanese karaoke songs by heart just so I can charm the old ladies at the neighborhood bar the next time I go there. finally write a real letter on paper paint pictures on big canvases in my underwear while listening to Gene Pitney on repeat pretend I am a tourist even though I live here and take the train to random places in Tokyo and be amazed answer all of the absolutely wonderful comments I have gotten here on the blog lately make a decent dinner for my sweetheart from scratch drink wine in the morning just because I can spend lots of time in the bed and thinking about how beautiful people look when they sleep draw draw draw draw draw plan amazing photo shoots for the fall (and maybe, just maybe getting a little bit more serious about taking pictures again, who knows) make a list over what is important in my life, and by that find out all the things which are not important and I can be without sort all the files on my BFF-Mac and have it in immaculate state take pictures of all the the-palm-of-my-hand-size-butterflies that are fluttering around in the park down the street

Atomizador en Comunes



Xa está colgado o programa de Comunes do outro día no que puxen a música do belísimo ATOMIZADOR!
Podedes escoitalo, aquí.

Grazas aos compas e a Jose Atomizador! 


Aquí  un concerto case completo del:


Atomizador @ Taberna Alabanda Madrid. 30 Abril 2011 from folkwar on Vimeo.

Concierto en Abril 2011, Madrid. 

mércores, 23 de novembro de 2011

Cambia o mundo!



[A primeira foto, do xornal (da realidade), e as outras dúas da talentosísima márpez]

luns, 21 de novembro de 2011

A nosa Vida comenza por V

Carmen Pliego


Ya que nadie lo dice...Abstención: 9.513.860 Nulos: 310.219 En Blanco: 326.484 Total: 10.150.563 (casi los mismo votos del PP)




Queridas todas, 
cecais este ano haxa que escribir a cartiña das raíñas magas moito antes, e para iso cómpre apagar a tele, acender un candil -as que poidan a chimenea- tentar ouvir ao moucho fóra ou as urbanitas subir a música preciosa dun mozart ao piano ou se preferides escribir de día, dunha Kleenex-Liliput marchosas. 

A nosa vida, nunca, nunca pode depender dalgo que non sexamos nós, semello dicírvolo a vós, pero en realidade son eu a que lembro. Cómpre tocar o tecido do vestido que levamos hoxe, ollar dentro da mochila ou do bolso o libro que estamos a ler, repasar a xentiña á que amamos nas fotiños da casa, nas últimas mensaxes, nalgunha carta que de seguro temos por algún caixón.

Cómpre tamén facer algo de memoria, pensar nos disfraces favoritos que tiñamos canda nena -e que sobre todo gostabamos de poñelos a diario- ou todo o contrario, como loitabamos por chegar a desfrutar de scaletrix e control remotos. 
Cómpre tamén ir comezando a lista, e cecais a miña vaia levar de primeiro uns walkie talkies. Para poder baixar á rúa e comunicarme con estes queridos que viven no mesmo barrio, sen tanto móvil tan caro, tantos euros que se me convirten en horas de traballo (pagadas a pouco máis de seis euros e por aí din grazas).
Cómpre tamén pedir o manual de Crimethinc para aprender a esquecer e poder cecais a vivir algo menos pesada, sen medo á pasma -sen facer nada de nada- sen medo aos cartos, a non telos, sen medo á escala de valores que me coloca as veces uns chanzos máis abaixo. Saber de todo o que nos condiciona, e comezar cecais por comezar a tirar algunha chaviña que outra ao lixo á poceta: a da taquilla q nos obrigan a pechar por se nos rouban, a do coche que fai meses non usamos, a das casas coas que especulamos, podendo poñelas seguramente sen moito esforzo e sen que a lei nolo diga -por agora, e qué bonito sería que fose así- a un prezo xusto. Cómpre ir anotando xa como segundo, o CrimethINC para beginners , o libro do que vos falo, por se me pega algo non só de empoderarse, senón de renuncias, e abrir ollos ao que sobra ou ata, ou dunha vez por todas aprender algo desta cita-licencia tan fermosa que abre o libro na que esta xente do colectivo CrimethINC che di que por favor reproduzas o libro e que se se che ocorre poñer embaixo que o escribiches ti, que por favor o fagas ;D! entre outras moitos xeitos de dicirche que ise saber non se rexistra nin rexe máis aló do maxín dun lector/a. ;D
Cómpre amigas queridas, pedir tamén moita forza, para que os nosos barcos de aborto libre* e con saúde, cheguen a todos os portos, e para que aprendamos unha menciña nosa que non nos mate nin nos presione, que non decida por nós nin responda por o.
Cecais sexa necesario tamén saber dende agora con quen se fala, así que eu déixovos as miñas ideas de cómo celebrar este ano o akelarre coas máxicas raíñas que nos traen os regalos. E así poder usar as vasoiras como armas, como durante tanto tempo fixemos, lonxe da sociedade do espectáculo.
Despídome de vós pensando en numerosos títulos de ciencia ficción e fantasía hardcore para engadir á lista. Despídome dicíndovos por última vez quen son, que quero, onde vou. Cecais esa luz que vedes pasar a grande velocidade e non sabedes se é unha estrela fugaz ou o rastro da lúa, é o lume desta nave autopropulsada por tanto desexo**. 
Unha vez máis o mundo cae e nós subimos subimos como a escuma, nas nosas flotantes vasoiras iluminadas.
Boas noite e moita sorte.



*[Catárquico é sempre estar entre amigas médicas-hoxe por exemplo-, nas que as conversas persoais falan de DECISIÓN como o normal e a palabra aborto sempre sae e éche como falar de apendicite é dicir, a diferencia de tódolos outros ámbitos da miña existencia agás o do feminismo) o aborto existe e non é sinónimo de perda natural dos primeiros meses!]

**[=resistencia&pracer]

domingo, 20 de novembro de 2011

Ideoloxías en plural? qué lonxe nos queda iso!

así, así, así bota Madrid (boing, boign, boing)!!!


belos e novísimos estudiantes no congreso o venres. E a outra cara da moneda astronautas do poder (casco, corpo enfundado, chicle mastigado por mandíbulas drogadas) cargados con pistolas de balas de goma ou como diantres se chamen, mantendo á xente dos bares arredor do congreso dentro... cal cans de caza, correndo rúa vai e rúa vén, cando os compas fixeron a pintada de ABAJO EL RÉGIMEN! [o video este debe ser de antes... logo capturan a calqueira que atopan, enfarlopados como están. Atención no video ao s(e)r congresista  tan educado... A eses temos que aguantalos a diario no curro, e soen ser así ou peor de soeces, cando se dirixen a unha tía (eu, mesmamente) e ninguén máis ca el e ti (eu) queda nunha sala dunha libraría con eles, por exemplo... se non crera que saben perfectamente o que fan e o que din, e que actúan co sistema de valores aceptado como correcto/normal/admisible polo 99% da sociedade, diría que están enfermos, moi enfermos! Algún día, outro, vos conto a historia, que hoxe xa foi suficiente o baixón este]
Hai dereito a tanta chulería por parte do poder, tanta desigualdade de condicións: a xente fronte a eles, os estudantes fronte a eses exércitos do terror? hai dereito a permitir isto? por que non me explica a xente maior dunha vez por que lles gusta vivir neste estado de medo, por que esa imaxe de monstros armados dentrás de pequenos que ás veces son xs seus fillxs semella para eles o normal e en orde? que alguén mo explique, por favor! 
Mafalda.




[Xa sei, a TV, a propaganda do poder... pero sego a confiar na intelixencia da xente, na creatividade e na capacidade de reacción, por iso, de novo, vos pregunto, por que???]

venres, 18 de novembro de 2011

Pintalabios en Couceiro



AQUÍ vos deixo as palabras de Antía sobre o meu libro, estivemos en Couceiro (Compostela) o mércores pasado, 9 de novembro  presentándoo, e qué bonito foi. Mil grazas a Antía e a David, de Toxosoutos. 

*


o mércores 9 de novembro tiven o gusto de participar na presentación do poemario PINTALABIOS de Ana Cibeira, editado por Toxosoutos.
aquí o texto de presentación sobre o libro:


Elección: palabra de inicio e peche

a) Saudarte entre as páxinas
Un acto íntimo. Un xesto. A man movéndose en forma de dobre arco. Trazando a composición no aire, coma as ás dunha cotobía. E por debaixo un semicírculo perfecto, quizais, só rebentado polas marcas do frío, polas peles que van sobrando en novembro e que unha decide arrincar cos dentes. Un acto íntimo como a lectura. Como pasar as páxinas dun libro tan forte coma delicado. Deixar as pestanas no papel e tintarse a boca co Pintalabios de Ana. En novembro. Dentro dun coche. Acompañada só polo lixeiro son da calefacción. Aparcada nalgunha rúa da cidade mentras fóra chove e ti debullas imaxes.

Porque non hai poema sen imaxes nin lectura íntima sen soidade….quero darche as grazas como lectora, por todas esas palabras sinceiras que confesan e presentan, que falan ao escoito, directamente como se non houbese outro “ti” que o que le:

“ Se nacera serpe, sería bailarina
ofrecendo o corpo partido
por unha lanza de luz dura.

Pero crieime nesta rexión
habitada de voces
buscando un fogar
dende o que derramarme
cal chuvia que morde
a nube máis esponxosa”


b) Un pantone para a boca
Sabes que na Vogue din que neste outono 2011 a tendencia é levar os beizos pintados dun forte vermello?. Un vermello escarlata que rememora a Marilyn Monroe pero “cun look máis romántico, máis doce e sen estridencias”. Xogando aos subtextos entendemos que a Norma Jean entrada en anos, bébeda e aficcionada aos barbitúricos non lle gusta a Dolce&Gabana. A Marilyn baixada do Olimpo que, con quilos de máis e a cara cansa, actuaba en Vidas Rebeldes non lles serve aos profesionais da moda. Os mesmos que aconsellan que se eleximos pintar os beizos debemos compensar o protagonismo do vermello cunha maquillaxe discreta, neutra e incluso ir sen ela nos ollos e na face.
É dicir, elexir entre a cor dos ollos ou da boca. Decidir onde prestar a atención. Nunca dous focos á vez….
Se a ollada vai cargada…. a boca espida
se a boca vai pintada……..a mirada baleira.
Cuestión de saber decidirse. Elexir sobre o propio corpo baixo as reglas do Vademecum da moda…

Ante isto, Ana escolle a Guerrilla, a mestizaxe, o punk:

Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza
pecando de rouge ou de suicida?


c) Definindo territorios
Unha vez preguntáronlle a Maruxa Mallo, a pintora vangardista, surrealista e moderna do século vinte, o motivo desa obsesión súa pola maquillaxe. A orixe desa decisión de retratar toda a cara botando polvos de arroz na pel, pintando os ollos de azul turquesa ou verde esmeralda, tintando os beizos co máis vermellón dos pintalabios…..
Maruxa riu coma unha pícara e, coa intelixencia dos que saben dirixir a língua ao centro da diana, comentou que ela o único que facía era seguír as teorías que as civilizacións máis avanzadas xa comezaran había miles de anos: saber que a cara lavada está desdibuxada. Ser consciente de que en Mesopotamia e en Exipto a maquillaxe era empregada para enmarcar os rasgos, alumear o mapa da cara con territorios definidos e otorgar identidade.

Así, debuxando os rasgos como a pintora, Ana tamén coloca as cores da maquillaxe sobre a tabla e recórtaas en collages elegantes, sutiles e suxerentes na mestizaxe do seu idioma:

“ Preparo un íntimo collage
con ventre de canción:
ceriña olorosa e tea a lapis
verniz de celofán, pelo da pollina
teipe estampado de escarcha
e unha trenza de corda”


d) Guerrilla Girls
Se ben a Historia da Arte recolle a Picasso ou a George Braque como inciadores do collage cando se lanzaron a introducir nos seus cadros recortes de xornais e revistas, etiquetas de licores, de cigarrillos e papeis coloreados…..Ana elixe outros referentes á hora de compoñer as súas pezas. Nomes como a alemana Hannah Höch, a única muller que participou no movemento DADÁ e que empregou a fotomontaxe e o collage para presentar “a muller nova” e denunciar a unha sociedade machista e misóxina…..ou a cineasta belga Chantal Akerman que nas súas películas nos fala da súa mirada ao redor da identidade, a sexualidade, a memoria, o persoal e o político.

Dirt foi o clic de Chantal Akerman
para filma-lo deserto/ a fame/ a mafia,
a guerra diaria que preserva o interior
desta América fortificada.

Unha maneira de estar no mundo ao redor do diálogo que a arte mantén co activismo, coa guerrilla e que Ana tamén explora noutros formatos como son o seu blogue ou os fancines nos que participa.

e) Eu tamén che escribo unha Postdata:
Postdata

Ana escribe Pintalabios e mostra unha maneira de estar no mundo. Un xeito de posicionarse na escrita e na vida. Unha chamada ao presente, á linguaxe clara, ao aquí e ao agora.
Un mundo de declaracións e exclamacións.
Mais como todo debe ter un remate, Ana, pecha a obra cunha última palabra.
Unha palabra valente e presente en tódolos creadores e creadoras que afrontan o seu traballo dende a mirada contemporánea e que, Ana, escribe como colofón sabéndose raiña de varios mundos, de varios rexistros e posilidades onde moverse.

Se collen o libro entre as mans e buscan no final da Postdata, verán a palabra da que falo. Unha palabra comprometida onde as haxa, remarcada por un signo de exclamación.

…. Se teñen o libro diante poden buscala e…. senón dígollela eu:

a palabra é ELECCIÓN



texto.- Antía Otero. Novembro 2011

foto.-Libraría Couceiro

mércores, 16 de novembro de 2011

E ti es de papá ou de mamá?


Estes si que saben a quen van votar de certo! jajajaja
brutal! ;D a creatividade (contra) ó poder, sempre!



[grazas á Chus e polo dos meniños!]

Día de mortos







O Samain este ano foi día dos mortos ao mexicano!



[fotiños do meu álbum persoal]

luns, 14 de novembro de 2011

Miña miña miña terra!

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.


uaaaaaaaaaaaaaaaaa! in love!!! 
 E aquí embaixo vos deixo aos pesados Siniestro Total, cantándoa como toca, en castelán! ole!!! qué bo darlle a volta os rapacitos de Cea!!! muaaaaaaaaaaaaaaaaa

[información contextual: o pan de Cea é ben coñecido na Galiza e moi buscado. Claro que ao mellor fóra das nosas fronteiras non se entende que a xente pase mercando pans aquí e acolá e probando os que aínda se fan  en forno de leña e que as panaderías traen doutras xeografías nas cidades... Exemplo real: en Compostela hai varias panaderías que traen pan de Lalín, de Cea e nós movilizámonos para conseguir ise. Se chegas tarde xa non hai e queda a barra artesana, que en Madrid esta mesmamente sería Groumet!]

sábado, 12 de novembro de 2011

Maxias de Novembro: O sombreiro de Merlín

Mañá ás 12.00 do mediodía no programa "O sombreiro de Merlín" de Radio Obradoiro estaremos falando de Brais de Guillerme Coen e do meu Pintalabios. Despois poderémolo ouvir dende fóra a través de internet.
 Graciñas a M., Alicia, Roberto, Javier, Guillerme e David!



[ Graciñas a todxs os que viñestes quecer Couceiro nese día chuvioso de poesía e beleza! ]

venres, 11 de novembro de 2011

6-10-11-12-17





O mellor mes do ano chega con múltiples sorpresas! iuuuuuuuuuuupiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

luns, 7 de novembro de 2011

V de Vicio, Novembro ataca gris lúa




 Ningún vicio es más difícil de erradicar que el que se considera popularmente una virtud. Entre estos vicios destaca el vicio de la lectura. Se admite de modo general que leer basura es un vicio; pero la lectura per se -el hábito de leer-, nuevo como es, ya está a la altura de virtudes tan acreditadas como el ahorro, la sobriedad, el levantarse temprano y el ejercicio regular. Hay, en verdad, algo peculiarmente agresivo en la actitud virtuosa del lector que lee por el sentido del deber. *


Escribir é coller os fíos que imos vendo ao longo dos días. Fíos vermellos -para min- que se coan na cotidianidade ou cecais debería dicir na rotina. Verbas que cecais deberían ser de neón, conceitos e xestos que de súpeto ulen a sangue. E cando o mes chega ao seu fin, os nós acendidos teñen todos o mesmo tecido. Neste caso a guía de Novembro parece ser vicio. Dende un xesto obsceno, ordinario e absolutamente maleducado, que merece ser contado por separado e cando saiba máis a identidade do seu protagonista, até a reflexión sobre a lectura da Wharton, que a roupiña deste curso sexa gris non parece mermar a calidade atrevida do que move o meu mundo este inverno. Vicio, con V. Sen ser buscado, aparece. Vicio fronte a virtude, sen ser ulido, arrecende -aínda que a Edith o use para falar do que non lle gusta: dos viciosos lectores mecánicos. Vicio ou Lust que sempre está presente nas nosas festas. Incendios cal vinganzas poéticas que nos salvan e posicionan mentres seguimos adiante en bicicleta ou dilixencia.


El deseo de estar al corriente es al parecer el incentivo más para este tipo de lectores, que precen ver la literatura como un funicular en el que sólo puden embarcarse corriendo, mientras que se pueden encontrar muchos lectores natos paseándose indolentemente y sin vergüenza en diligencias y sillas de posta, sin siquiera tener conciencia de los nuevos medios de locomoción.*

Amén.



*WHARTON, Edith, El vicio de la lectura, José J. de Olañeta, Mallorca, 2011.


[Fotos miñas: celebración de 2 anos de Grupo de lectura, e preciosa pintada dos Bike Punks capturada en Antón Martín co móbil... parece feita con tinta chinesa, pero era enorme nunha parede na rúa (Torrecilla del Leal) que sube á Santa Isabel da Filmoteca]

sábado, 5 de novembro de 2011

Poemiña de Pintalabios, vémonos o mércores en Compostela!



MESTIZA
*
Agora que tita durme
a x millas da túa casa
¿peco de encaixe ou de drama?
*
Sobre min a tormenta de ser dúas:
¿galega ou latina?
¿da cámara ou da pluma?
*
Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza,
¿pecando de rouge ou de suicida?



Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html

Hotel Madrid, noite


















Ata hoxe non atopara esta marabillosa galería da okupación do Hotel Madrid, unha pasada...   [Diagonal]