sábado, 25 de abril de 2015

"La noche se hacía día en el patio de una librería"


Eu o día do libro non podo actualizar o blog. Eu o día do libro traballo algo máis de dez horas. Boto o día completo fóra da casa. Véndendovos libros. Para min o día do libro éche todos os días do ano salvo este 23 de abril, no que non podo ler, nin tan sequera recitar, nin asistir a ningún dos actos aos que, amigas escritoras,  me invitades. Case non podo nin recomendar libros na librería. A  xente vén coas súas listiñas: "quero iste e iste e iste (...) está barato dame dos". E pregúntome eu, cando non vos digan que hai que ler -poñamos por caso que o que se merca se le-, leredes? É lexítimo amosar amor cun libro e unha flor cando é o xxxxxxx quen che di que o amoses? Cecais non hai peor mal que o de sumarse a esa moda que obxectualiza o que somos, o capital simbólico do que está feita a literatura.
Cecais estou sacando as cousas do testo e non hai mal que por ben non veña. Por que ha estar mal que se regale un libro o 23 de abril? diredes... Porque calquera outro día do ano asúmese con cruel naturalidade que a lectura é subnormal, que non está normalizada, e por esta regra de tres, resulta unha ousadía agasallar cun libro a alguén non LECTOR fóra deste día... Cómo xogarse algo mercándolle a alguén un Orguio e prexuizo se queremos que lle chegue a mensaxe de amor & felicidade? Mellor regalar rosas. Como atreverse a regalar Moby Dick a alguén que está no fondo dun pozo laboral? Non, non, se agasallas a alguén cun libro fóra deste día, ten que ser a un lector ou lectora, non vaia ser que se contaxie con isto de desaparecer, calar a boca e perderse noutro mundo que alimenta o presente... Non vaia ser desfrute máis que co aroma dunha colonia, ou cun xersei que non precisaba...

*
Aquí vos deixo un poema-rapeo do libro que elexín mentres ordeaba estanterías este 23 de abril día do libro agora tamén noite. É do poeta palestino asentado en Dinamarca Yahya Hassan , el non é dos meus favoritos, pero lémbrame a necesidade de seguir crendo que a pesares de que unha vaia medrando, de que se aburguese ¿? (será existencialmente porque materialmente...), de que todo semelle máis fácil cada día porque xa vai sabendo cómo vai o mundo,  a literatura é malestar. A literatura para min debe ser ese espacio onde meterse polas gretas, onde lamber as feridas, onde sentirse incómoda pero a salvo.
Un ano máis, deséxovos un bo ano por vir de resistencia e pracer dentro da ficción, iso si, durante todo o ano!


TRABAJO NOCTURNO LEGAL

DE REGRESO EN AARHUS Y A UNA OSCURIDAD INSUPERABLE
EL VACÍO DE DOS CIGARRILLOS Y KURT VILE
UN PRIMO CON BARBA ENTERA
LLEVABA PAQUETES POR LA NOCHE
POR CASUALIDAD LIBROS A LIBREROS
FUMÁBAMOS CIGARRILLOS Y ESCUCHÁBAMOS MÚSICA ÁRABE
CHARLÁBAMOS DE LA VIDA
DE CHICAS ÁRABES
LA NOCHE SE HACÍA DÍA EN EL PATIO DE UNA LIBRERÍA
 EL INTINERARIO INTELECTUAL
DE LA ESCUELA DE PERIODISMO A LOS ESTUDIOS DE DERECHO
Y DE VUELTA A LA LIBRERÍA DE VANGSGAARD
TODAS LAS NOCHES TERMINÁBAMOS EN MCDONALD'S
CUANDO ÉRAMOS NIÑOS
LAS CIRCUNSTANCIAS FAMILIARES NO SIEMPRE PERMITÍAN 
QUE NOSOTROS EN EID ASÁSEMOS CON LOS HERMANOS DE PADRE
Y SUS HIJOS
ENTONCES COMÍAMOS SIEMPRE ALLÍ
COMO SI FUESE UN RESTAURANTE ELEGANTE 
PADRE PERSEGUÍA PIDIENDO HASTA QUE TODOS QUEDÁBAMOS SATISFECHOS
EL PRIMO DECÍA GRACIAS POR LA AYUDA 
Y ME DEJABA EN MI CALLE
MI SALARIO ERAN LAS CAJAS DEVUELTAS POR LA NOCHE 
ALGUNAS NOCHES ERAN CUATRO O CINCO
ÈRP AQUELLA NOCHE FUE SOLO UNA
LA ABRÍ POR LA MAÑANA TEMPRANO
NOVELAS POLICIACAS QUE NO SIRVEN PARA NADA Y UN KNAUSGARD


 Yahya Hassan

Ningún comentario:

Publicar un comentario