luns, 1 de xuño de 2015

Difuminado o horizonte ferve



El año en que mi cuerpo fue blanco y transparente no podía morirme, a no ser que hubieran cambiado aquel líquido ácido que nadaba bajo mi piel por algo que pudiese coagular.
Emily Roberts


A urbanización ule a can, o verde ladra, chíos de paxaro só enchidos polo silencio. Pinos facendo camiño, pedras enguedelladas. Algún adolescente atravesa a rúa calado como en ningún sitio. O motor do coche que chega rosma baixiño, a cada beira unha casa. Escóitanse os pasos propios. O calor do mediodía avanza no asfalto, difuminado o horizonte ferve.  Domingo, zona residencial, Madrid, Las Matas.
Linda era a zona para vivir nela. Quedar aló podería levar máis rápido a ser unha mesma. Pero non está na casa, non está na terra, non está en Galicia. Pero. Pero. Pero.


Ningún comentario:

Publicar un comentario